Mundo

Un festival levará máis autores e autoras de lingua portuguesa aos EUA

O Pessoa Festival, o festival da literatura lusófona nos Estados Unidos, vai contar coa presenza de máis escritores e escritoras de lingua portuguesa dada a importancia que esta lingua está adquirindo no país norteamericano.

Fonte: Público

Máis de 200 000 persoas aprenden portugués no Uruguai

Un total de 200 000 persoas fala portugués na República do Uruguai grazas á importante presenza que a lingua de Camões ten no sistema educativo do país.

Fonte: Jornal de Angola

O Goberno do Perú aproba un mapa que axudará a garantir os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas

O Goberno do Perú acaba de aprobar mediante decreto o Mapa Etnolingüístico do Perú que facilitará unha mellor planificación e xestión dos recursos públicos co obxectivo de garantir os dereitos lingüísticos das persoas que falen unha lingua orixinaria.

Fonte: Andina

O Goberno do Xapón debe dar máis apoio lingüístico a estudantes de orixe estranxeira

Unha importante porcentaxe de estudantes de orixe estranxeira residentes no Xapón necesita apoio en lingua xaponesa para poder acceder ás escolas de ensino secundario. Aínda que esta tarefa corresponde ás institucións públicas, é frecuente que a formación proveña de organizacións non gobernamentais ou profesorado voluntario.

Fonte: The Japan Times

A maior diversidade lingüística do mundo está en Papúa Nova Guinea

Papúa Nova Guinea é o país do planeta máis diverso lingüisticamente, cun total de 841 linguas dentro do seu territorio. Trátase dun paraíso lingüístico, xa que este estado de Oceanía acolle unha de cada dez linguas do mundo.

Fonte: The Jakarta Post

Celébrase o Día da Lingua Islandesa

Como cada 16 de novembro, día do nacemento do poeta Jónas Hallgrímsson (1807-1845), Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa con actividades e iniciativas para concienciar sobre o seu uso.

Fonte: Iceland Review

A provincia canadense de Alberta aproba un programa de promoción das linguas indíxenas

A provincia canadense de Alberta aprobou un exhaustivo programa para a promoción das súas linguas indíxenas. Entre as medidas saliéntase a capacitación de profesorado para o ensino dos diferentes idiomas indíxenas en escolas de toda a provincia.

Fonte: CBC

A nova lei da lingua de signos aprobada en Filipinas garante a atención nela en todos os ámbitos da vida pública

Unha lei aprobada polo presidente de Filipinas, Rodrigo Duterte, garante a atención en lingua de signos en todos os ámbitos da vida pública do país, desde a administración e a xustiza á educación.

Fonte: RAPPLER

Publican en liña o primeiro dicionario de lingua de signos portuguesa

Unha intérprete de lingua de signos e a editorial Porto Editora reúnen máis de 5000 entradas no primeiro dicionario en liña da lingua de signos portuguesa que xa se pode consultar de xeito gratuíto.

Fonte: Público

Un premio literario recompensará as mellores obras de poesía escritas en portugués

O Premio Armando Silva Carvalho, instituído polo Concello de Óbidos, galardoará obras de poesía escritas en portugués publicadas en calquera país lusófono.

Fonte: SAPO24

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder