Mundo

Un proxecto da Universidade de Cardiff promove a ensinanza de linguas modernas nas escolas galesas

Investigadores da Universidade de Cardiff publicaron un informe baseado nun proxecto que pretende sensibilizar sobre a importancia das linguas modernas no ensino secundario e promover o seu estudo nas escolas.

Fonte: Wales247

Adíase a presentación da iniciativa europea que reclamaba máis protección para as linguas minorizadas de Europa

A iniciativa europea Minority Safepack, que reclamaba máis protección para as linguas minorizadas de Europa, será adiada ata a próxima lexislatura xa que os seus promotores non confían das intencións da Comisión Europea neste ámbito.

Fonte: Nationalia

Noméase un novo comisario da Lingua Galesa

O País de Gales conta cun novo comisario responsable da promoción da lingua galesa. Trátase do ex-parlamentario Aled Roberts que substitúe a súa homóloga Meri Huws.

Fonte: BBC

 

Apróbase a contratación de intérpretes de lingua de signos no servizo nacional de saúde portugués

O Parlamento de Portugal aproba a partida orzamentaria que permitirá a contratación de 25 intérpretes de lingua de signos portuguesa no servizo nacional de saúde.

Fonte: Jornal de Negócios

O Goberno do País de Gales financiará a música feita en galés

O Goberno do País de Galés financiará un proxecto para fomentar e incrementar o status da música feita en lingua galesa en todo o mundo.

Fonte: Business News Wales 

A cidade irlandesa de Galway desenvolverá un programa para a promoción social do gaélico

O Concello de Galway, na República de Irlanda, nomeou dous expertos do mundo académico que levarán a bo termo un ambicioso plan de sete anos para promover o uso social do gaélico irlandés.

Fonte: The Irish Times

Unha iniciativa ensinará lingua friulana a través do teatro

Un proxecto ideado pola compañía Teatro della Sete e a Axencia Rexional para a Lingua Friulana ensinaralles friulano aos máis novos por medio dun espectáculo teatral.

Fonte: Imagazine

 

Unha especialista explica a influencia das linguas bantú na conformación do portugués do Brasil

A etnolingüista Yeda Pessoa de Castro demostrou a influencia que as linguas africanas bantú tiveron na configuración do portugués falado actualmente no Brasil e alertou de como este dato foi invisibilizado ao longo da historia.

Fonte: Gshow

As escolas públicas de Chipre ofrecerán exames de certificación de lingua inglesa

A partir do próximo ano académico, os centros de ensino público de Chipre ofrecerán os certificados de competencia en inglés da Universidade de Cambridge.

Fonte: Cyprus Mail

Un tribunal francés acepta a utilización do ñ nos antropónimos

Un tribunal de xustiza francés autorizoulle a unha parella bretoa o uso do ñ no antropónimo Fañch, contradicindo así unha norma anterior que o impedía, xa que a letra non existe na lingua oficial francesa.

Fonte: Euronews 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder