Mundo

Un acordo entre provincias nos Países Baixos prevé o recoñecemento do idioma baixosaxón

Un acordo entre o Goberno dos Países Baixos e as provincias de Groningen, Twente, Overijssel, Gelderland e Frisia abriría a posibilidade de protexer e recoñecer o idioma baixosaxón, seriamente ameazado.

Fonte: Nationalia

Un documental celebra a vitalidade do galés e a súa música

Un xornalista da BBC crea un documental que mostra a vitalidade da música galesa e salienta a súa importancia para a promoción e proxección desta lingua falada en Gales por medio millón de persoas.

Fonte: The Guardian

Estáncase o ensino bilingüe bretón-francés no departamento do Loira Atlántico

O departamento francés do Loira Atlántico non rexistrou novas escolas de ensino bilingüe bretón-francés este ano. Pola contra, a rexión de Rennes, na Bretaña, rexistra un dos mellores anos no que respecta á apertura de unidades escolares bilingües.

Fonte: 7Seizh

 

O Consello de Europa celebra o Día da Lingua Romaní

Co Día Mundial da Lingua Romaní o Consello de Europa anima a todos os estados europeos a realizar esforzos para protexer, promover e recoñecer a lingua romaní nos seus territorios.

Fonte: Council of Europe

O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, recibirá un premio da CPLP pola súa contribución á promoción da lingua portuguesa

O secretario xeral das Nacións Unidas, o portugués António Guterres, recibirá o premio José Aparecido de Oliveira da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) polo seu labor a prol da promoción do portugués.

Fonte: Correio da Manhã

Perú contará cun espazo televisivo na lingua amazónica máis falada do país

A canle de televisión de maior cobertura do Perú, TV Perú, emitirá por primeira vez un espazo televisivo na lingua ashaninca, a de maior número de falantes de toda a Amazonia peruana.

Fonte: La Vanguardia

O primeiro ministro de Marrocos quere que os documentos oficiais estean escritos en árabe e bérber

O primeiro ministro de Marrocos, Saadedin Otmani, lembroulles aos ministerios e outras oficinas gobernamentais que os documentos oficiais non deben estar escritos en francés. O mandatario indicou que as únicas linguas oficiais para tal fin son o árabe e o bérber.

Fonte: RTP 

 

O inglés imponse ao neerlandés nas universidades dos Países Baixos

O uso do inglés nos estudos universitarios dos Países Baixos é tan extenso que moitas persoas están a esixirlle ao goberno que lles prohiba ás universidades crear novos programas en lingua inglesa.

Fonte: BBC

España segue ocupando os últimos lugares de Europa en dominio da lingua inglesa

España sitúase na posición 32 dun total de 88 na clasificación da organización privada Education First que avalía o dominio do inglés en adultos de todo o mundo. Cunha puntuación de 55,85, España está entre os peores países de Europa.

Fonte: La Vanguardia

 

Londres contará cunha nova escola de inmersión en gaélico irlandés

Unha nova escola de gaélico irlandés abrirá as súas portas en Londres co obxectivo de ofrecer inmersión a nenos e nenas de todas as idades que queiran medrar falando esta lingua celta.

Fonte: The Irish Times

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder