Mundo
O Canadá anuncia cambios para incrementar o status das linguas dos pobos indíxenas
A ministra de Patrimonio do Canadá, Mélanie Joly, quere que as linguas indíxenas pasen a ser recoñecidas como un dereito constitucional para todos os seus falantes e crear unha oficina que vele polo súa protección.
Fonte: Language Magazine
Xamaica quere que o español se converta na segunda lingua do país
O primeiro ministro de Xamaica, Andrew Holness, quere que o español se converta en segunda lingua do país co obxectivo de favorecer os crecentes investimentos procedentes de países como España.
Fonte: Caribbean 360
Un estudo revela que o telugu é a lingua estranxeira que máis medra en número de falantes nos EUA
Un estudo elaborado por un centro de inmigración nos EUA revelou que o telugu é a lingua estranxeira que máis medrou no país entre os anos 2010 e 2017. O índice de crecemento foi do 86 %.
Fonte: India Today
O Goberno do Reino Unido destinará financiamento extra á promoción da lingua galesa
O secretario de Estado de Cultura, Medios de Comunicación e Deportes do Reino Unido, Jeremy Wright, declarou que a promoción da lingua galesa recibirá un pulo orzamentario de varios millóns de libras esterlinas por medio dun programa que se centrará no eido da creación de espazos televisivos en galés.
Fonte: UK Government
A Organización Internacional da Francofonía informou de que o francés é a quinta lingua máis falada do mundo
A Organización Internacional da Francofonía publicou un relatorio que revela que o francés é agora a quinta lingua máis falada do mundo sobre todo grazas ao incremento do seu uso no continente africano.
Fonte: Quartz
O servizo postal de Irlanda do Norte abre unha investigación por un asunto relacionado co gaélico irlandés
A entidade responsable do servizo postal de Irlanda do Norte, Royal Mail, informou de que acaba de abrir unha investigación para dilucidar as causas de que unha carta escrita en gaélico irlandés fose devolta ao seu remitente.
Fonte: Belfast Telegraph
Un curso universitario de lingua de signos axudará a reducir a escaseza de intérpretes en Hong Kong
O Departamento de Lingüística e Linguas Modernas da Universidade Chinesa de Hong Kong ofrecerá un curso de lingua de signos de dous anos de duración que axudará a reducir a escaseza de intérpretes desta lingua en toda a rexión de Hong Kong.
Fonte: South China Modern Post
O turismo e a televisión ameazan a supervivencia da lingua islandesa
O crecente uso da lingua inglesa en ámbitos como o turismo e os medios de comunicación é unha clara ameaza para a fortaleza do islandés dentro do seu propio territorio lingüístico.
Fonte: The Guardian
O estado australiano de Victoria promoverá o ensino da lingua de signos e de idiomas indíxenas nas escolas infantís
Un programa do goberno do estado australiano de Victoria promoverá a aprendizaxe de idiomas indíxenas e da lingua de signos en 29 centros de ensino infantil de todo o estado.
Fonte: The Age
Unha irlandesa gaña o premio literario Man Booker
A escritora irlandesa Anna Burns acaba de conseguir un dos maiores premios literarios en lingua inglesa, o Man Booker, pola súa novela Milkman.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín