Mundo

Créase o primeiro anuncio electoral en español dirixido aos latinos de cinco estados dos EUA

O Partido Demócrata dos EUA emitirá por primeira vez en varios estados un anuncio en lingua española co obxectivo de conseguir o apoio electoral da poboación hispana residente no país.

Fonte: NBC News

Preséntase unha proposta en Portugal para que os hospitais públicos comecen a ofrecer servizos de interpretación en lingua de signos

O partido político portugués PAN (Persoas, Animais, Natureza) presentará unha proposta no Parlamento de Portugal para que os hospitais públicos comecen a ofrecer servizos de interpretación en lingua de signos.

Fonte: Notícias ao Minuto

Unha ONG inuit oporase a unha lei simbólica do Goberno do Canadá para protexer as linguas indíxenas

O presidente da ONG de apoio á cultura e lingua inuits do Canadá, Inuit Tapiriit Kanatami, declarou que o seu colectivo non apoiará a nova lei sobre as minorías indíxenas do Goberno canadense se non protexe e promove de xeito activo as linguas vernáculas.

Fonte: iPolitics

Letonia quere potenciar o uso da lingua letoa coa restrición da inmersión en ruso nas escolas

O Goberno de Letonia quere potenciar o uso da lingua letoa na vida pública por medio da redución das horas de inmersión en ruso nas escolas do país.

Fonte: NPR

O Goberno de Italia sitúa o italiano no cuarto posto das linguas máis estudadas no mundo

As xornadas sobre a lingua italiana organizadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional de Italia finalizaron en Roma cun dato importante: o italiano é hoxe a cuarta lingua máis estudada no mundo con máis de 2 millóns de persoas.

Fonte: LiveUniCT

O metro do Porto inaugura o primeiro tradutor de lingua de signos

O metro do Porto instalou na estación de Aliados unha pantalla de grandes dimensións que conta cun tradutor de lingua de signos en seis idiomas.

Fonte: Diário de Notícias

O Goberno de Madeira introducirá a lingua de signos nos debates da súa Asemblea Lexislativa

O Goberno de Madeira introducirá o servizo de interpretación simultánea en lingua de signos portuguesa nos debates e sesións plenarias da Asemblea Lexislativa Rexional.

Fonte: Dnoticias

Ucraína aproba un decreto para promover o uso do ucraíno en todas as esferas da vida pública

O presidente de Ucraína, Petro Poroshenko, aprobou un decreto que garantirá o desenvolvemento progresivo da lingua ucraína en todos os ámbitos da vida pública.

Fonte: Language Magazine 

Ghana quere que o francés se converta en segunda lingua oficial

O ministro de Educación de Ghana asinou un acordo coa Organización Internacional da Francofonía para promover a lingua francesa como segunda lingua oficial do país.

Fonte: Language Magazine 

O Goberno de Francia prohibe a linguaxe inclusiva dos escritos oficiais

O ministro do Interior de Francia, Édouard Philippe, ordenoulles aos membros do seu goberno que non empreguen a linguaxe inclusiva en escritos oficiais para non contradicir a regra da lingua francesa que obriga a usar o masculino como xenérico.

Fonte: Le Monde

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder