Mundo
Un estudo revela que a maioría dos irlandeses desexa que o seu goberno promova máis o gaélico irlandés
Un estudo elaborado pola asociación Conradh na Gaelige revela que dous terzos dos cidadáns irlandeses queren que o seu goberno lle dea máis apoio ao gaélico irlandés e consideran que os servizos públicos deberían estar dispoñibles nesta lingua para as persoas que así o desexen.
Fonte: Breaking News
Alumnado dunha escola pública do Brasil crea un dicionario de linguas indíxenas
O alumnado dunha escola pública de Brasilandia, no estado brasileiro de Mato Groso do Sur, creou un dicionario ilustrado de dúas linguas indíxenas: o ofaié e o guaraní.
Fonte: EBC
O hindi incrementa o seu número de falantes en máis de 100 millóns de persoas
Segundo datos do novo censo realizado na India, entre 2001 e 2011, o hindi rexistrou un impresionante incremento no seu número de falantes totais. O aumento nestes anos foi de máis de 100 millóns de persoas.
Fonte: Language Magazine
Nova Zelandia cambiará os requisitos para a contratación de profesorado de lingua inglesa
Nova Zelandia decidiu rebaixarlle os requisitos ao profesorado de lingua inglesa que decida traballar no país insular. A partir de agora, os candidatos e candidatas cuxa lingua materna non sexa o inglés terán máis facilidades para demostrar as súas competencias lingüísticas.
Fonte: Stuff
A policía galesa deberá ofrecer interpretación simultánea en galés nas comisarías

Unha nova norma da oficina da comisaria da Lingua Galesa imporá a obriga de ofrecer servizo de interpretación simultánea en galés en entrevistas e interrogatorios que se realicen nas comisarías con interlocutores que falen esta lingua.
Fonte: BBC
Un filme gravado en aimará competirá nos premios Óscar na categoría de mellor longametraxe en lingua estranxeira
O filme peruano Wiñaypacha é a primeira longametraxe gravada en aimará na súa totalidade e competirá nos premios Óscar na categoría de mellor película en lingua estranxeira diferente ao inglés.
Fonte: BBC
O Brasil e España asinan un acordo para crear escolas bilingües de portugués e español
O ministro de Educación do Brasil, Rossieli Soares, e o embaixador de España en Brasilia, Fernando García Casas, asinaron un acordo polo que os dous países se comprometen a crear escolas bilingües de portugués e español nas zonas de fronteira. A esta iniciativa tamén se sumarán outros países como Portugal e Colombia.
Fonte: Diário de Notícias
O Goberno de Austria outorgará o salario de inserción social en función do nivel de lingua alemá da poboación
O Goberno de Austria introducirá unha polémica medida coa que quere vincular a concesión da renda mínima de inserción co nivel de alemán das persoas candidatas. O obxectivo xeral será dificultar a chegada ao país de máis poboación inmigrante.
Fonte: Euroactiv
O ensino do portugués nos países lusófonos de África está nunha situación desfavorable
Unha conferencia no Instituto Universitario de Lisboa revelou un dato preocupante: o ensino do portugués nos países lusófonos de África é precario e ten como resultado o estancamento no número de falantes desta lingua.
Fonte: Público
O xigante dos contidos multimedia Netflix quere ofrecer máis producións orixinais en linguas diferentes ao inglés
Con motivo do recente cumio Web Summit celebrado en Lisboa, o xigante dos contidos multimedia Netflix anunciou que ten pensado crear máis producións orixinais en linguas diferentes ao inglés para visualizalas en todo o mundo.
Fonte: Cnet
Boletín
Subscríbase ao boletín