Mundo
Un estudo revela que o uso excesivo dos dispositivos móbiles pode afectar á capacidade lingüística de nenos e nenas
Un estudo elaborado polo Instituto Nacional de Saúde dos EUA revela que a exposición excesiva ás pantallas dos dispositivos móbiles pode traer consecuencias negativas para o desenvolvemento cognitivo de nenos e nenas, incluído o que se refire ás habilidades lingüísticas.
Fonte: Standard Digital
Un estudo revela que o uso de certos plásticos pode provocar atrasos na adquisición da linguaxe
Un estudo da Universidade de Minnesota analiza como a exposición a unha substancia química presente en certos plásticos pode estar conectada con atrasos na adquisición da linguaxe.
Fonte: Valley News
Profesorado dunha escola de lingua inglesa de Dublín maniféstase ante o seu peche inminente
Profesorado da escola de lingua inglesa Grafton College de Dublín manifestouse no sur da capital irlandesa ante o peche inminente do centro.
Fonte: RTE
China quere que Taiwán sexa bilingüe antes de 2030
O primeiro ministro de China, o taiwanés Lai Ching-te, informou de que o Goberno de China quere que o territorio de Taiwán sexa bilingüe antes de 2030 co fin de incrementar a súa competitividade no exterior.
Fonte: Taiwan News
Un estudo revela que a metade dos falantes de irlandés coñece só termos básicos nesa lingua
Un estudo elaborado pola Axencia de Investigación e Estatística de Irlanda do Norte revelou que case a metade dos falantes de gaélico irlandés ten un coñecemento básico da lingua.
Fonte: Belfast Telegraph
Milleiros de persoas protestan en Ottawa polos recortes nos servizos públicos en lingua francesa
Milleros de persoas reuníronse nas rúas de Ottawa para protestar polos recortes que o goberno conservador da provincia canadense de Ontario quere aprobar nos servizos públicos en lingua francesa.
Fonte: CTV News Montreal
O orzamento do Instituto Camões poderá chegar aos 70 millóns de euros o próximo ano

Segundo o novo presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, o Estado portugués prevé que, no próximo ano, a entidade encargada da promoción da lingua portuguesa pase a ter un orzamento de 70 millóns de euros.
Fonte: SAPO
Un estudo revela que o número de persoas en Irlanda do Norte con coñecemento de gaélico irlandés ou scots é case o mesmo
Un estudo elaborado polo Departamento de Comunidades de Irlanda do Norte revelou que as porcentaxes de persoas con algún coñecemento de gaélico irlandés e lingua scots son moi semellantes, 15 e 14 % respectivamente.
Fonte: BBC
O Instituto Camões quere que o portugués entre no currículo escolar de 40 países en todo o mundo
O Instituto Camões quere que a lingua portuguesa estea presente no ensino público dun total de 40 países en todo o mundo. Trátase, segundo o presidente da institución, dun obxectivo realizable xa que actualmente xa se ensina en máis de 20.
Fonte: Expresso das Ilhas
Cabo Verde apostará polo ensino a distancia en lingua portuguesa
O embaixador de Cabo Verde en Portugal, Eurico Monteiro, defendeu a necesidade de que o país africano aposte polo ensino a distancia en lingua portuguesa.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín