Mundo
"Enfermeiro" foi a palabra do ano 2018 en Portugal
A iniciativa desenvolvida pola editorial Porto Editora para escoller a palabra do ano en Portugal xa tivo gañador. Trátase da palabra "Enfermeiro" que obtivo o 37,8 % dos votos emitidos.
Fonte: Sermos Galiza
Critican a suspensión de matrículas nas carreiras lingüísticas dunha universidade inglesa
Un grupo de persoas que traballan no ensino superior británico criticou a medida aprobada na Universidade de Hull de suspender as matrículas nalgunhas carreiras do ámbito das linguas modernas.
Fonte: BBC
O actual Goberno do Canadá quere garantir o dereito dos falantes de linguas indíxenas
O actual Goberno do Canadá quere facer todo o posible para implementar a Lei de Linguas Indíxenas antes do remate da lexislatura. Esta nova lei garante o uso das linguas de todos os pobos indíxenas.
Fonte: CFJC Today
A Organización das Nacións Unidas celebra o Día Internacional do Braille

Por primeira vez, a Organización das Nacións Unidas celebra o Día Internacional do Braille co fin de garantir e recoñecer os dereitos das persoas cegas ou con discapacidade visual.
Fonte: World Braille Day
Suíza decreta unha xornada para celebrar o plurilingüismo
O Goberno de Suíza decretou o día 26 de setembro como Día Nacional do Plurilingüismo. Nese día pedirase a todos os representantes políticos do país que se expresen durante todo o día nunha lingua diferente á súa materna.
Fonte: Le Temps
Demandan a contratación de tradutores de bérber nas institucións alxerinas

Os participantes da cuarta edición de obradoiros de tradución á lingua bérber ou tamazight que tiveron lugar na localidade alxerina de Ardar manifestaron a necesidade de contratar tradutores e intérpretes deste idioma nas institucións públicas do país norteafricano.
Fonte: Huffpost
Máis dun 90 % dos cidadáns fineses coñece unha lingua estranxeira
A Oficina Estatística de Finlandia revelou que un 93 % dos cidadáns fineses entre os 18 e os 64 anos pode falar unha lingua diferente ao seu idioma materno.
Fonte: YLE
Portugal pediralle axuda ao novo presidente do Brasil para que a lingua portuguesa adquira a importancia que merece
O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, pediralle ao novo presidente do Brasil, Jair Bolsonaro, que apoie a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) para que o portugués adquira o peso que merece no mundo.
Fonte: Política ao Minuto
Un estudo revela que as escolas nas zonas de fala irlandesa melloraron a calidade do ensino en gaélico
Un estudo realizado na República de Irlanda revelou que as escolas están facendo esforzos para mellorar a calidade do ensino do gaélico nas zonas de fala irlandesa ou gaeltacht tanto nos centros de inmersión como bilingües.
Fonte: Galway Daily
A lingua sueca incluíu 33 novas palabras no seu dicionario en 2018
O Consello da Lingua Sueca revelou que o sueco acolleu no ano 2018 un total de 33 novas palabras que axudaron a definir novas realidades que tiveron relevancia na sociedade sueca ao longo do 2018.
Fonte: The Local
Boletín
Subscríbase ao boletín