Mundo
O Perú oficializa o alfabeto dunha lingua indíxena
O Goberno do Perú oficializou o alfabeto da lingua matsigenka falada por indíxenas na Amazonia peruana co fin de garantir o dereito de todos os pobos orixinarios a unha educación bilingüe.
Fonte: La República
Suíza recoñece dúas linguas locais como idiomas minoritarios do país

O Consello Federal de Suíza decidiu recoñecer o francoprovenzal ou arpitano e o francocontés como linguas minoritarias do país.
Fonte: Sermos Galiza
Un festival busca dar a coñecer a lingua e as tradicións de Miranda do Douro
O Festival da Geada de Miranda do Douro desenvolverá actividades para dar a coñecer e pór en valor as tradicións do solsticio de inverno e a lingua mirandesa.
Fonte: RTP Notícias
Solicitan ao presidente de Bolivia que se someta a unha proba para comprobar que fala algunha lingua orixinaria de Bolivia
Parlamentarios da oposición ao Goberno de Bolivia solicitaron ao presidente e vicepresidente do país, Evo Morales e Álvaro García Linera, que se sometan a unha proba para certificar que son capaces de falar unha lingua orixinaria. A constitución boliviana aprobada por Morales di que os cargos públicos teñen o prazo de tres anos para aprender unha lingua indíxena.
Fonte: El País
O presidente de Acerbaixán gaba a súa política de apoio á lingua rusa
O presidente da República de Acerbaixán, Ilham Aliyev, gaba a súa política de apoio á lingua rusa no ensino dada a alta demanda que este idioma está tendo na sociedade acerbaixana.
Fonte: TASS
A cámara lexislativa de China aproba un borrador de lei para a promoción das linguas nacionais de Taiwán
O Yuan Lexislativo, a cámara lexislativa de China, aprobou un proxecto de lei que pretende garantir a protección e promoción das linguas nacionais de Taiwán.
Fonte: Focus Taiwan
O conflito baseado nas linguas coloniais de Camerún agrávase día a día
O conflito desatado en Camerún entre o Goberno francófono e dúas rexións anglófonas estase agravando día a día e xa deixou miles de mortos este ano.
Fonte: RTVE
A Oficina do Censo dos EUA publica as porcentaxes de falantes de linguas diferentes ao inglés presentes en cada estado

A Oficina do Censo dos EUA publicou recentemente as porcentaxes de persoas que en cada estado teñen como primeira lingua un idioma diferente ao inglés. Os estados do suroeste son de novo os que rexistran porcentaxes máis altas.
Fonte: Business Insider
"Nomophobia" convértese na palabra do ano en inglés
O Dicionario de Cambridge anunciou que "nomophobia", o medo ou ansiedade de estar sen o teléfono móbil, é a palabra do ano da lingua inglesa en 2018.
Fonte: The Star
Un estudo revela que as persoas con síndrome de Down non están menos capacitadas para adquirir varias linguas
Unha investigación realizada na Universidade de Bangor revelou que as nenas e nenos con síndrome de Down non teñen máis dificultades á hora de adquirir varias linguas ou medrar en fogares bilingües. Aínda que o estudo se baseou nos casos de familias que falaban inglés e galés, os resultados poderían aplicarse a calquera outro idioma.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín