Mundo
A compañía aérea Iraqi Airways ofrecerá información en lingua kurda
O Goberno de Iraq pedirá á compañía aérea estatal Iraqi Airways que inclúa mensaxes e información en lingua kurda nos seus voos comerciais.
Fonte: Rudaw
Unha importante entidade bancaria pídelle a unha clienta que non empregue a lingua galesa
A banca volve protagonizar unha polémica no País de Gales. A entidade bancaria HSBC pediulle a unha clienta da cidade galesa de Wrexham que non faga as súas queixas en galés e empregou a expresión "lingua estranxeira" para se referir a esta lingua oficial.
Fonte: The Guardian
As familias que viven nun país diferente á súa cultura de orixe teñen problemas para transmitirlles a súa lingua ás novas xeracións
As estatísticas realizadas en varios países do mundo revelan que as familias cuxos integrantes falan unha lingua diferente á cultura de acollida teñen moitas dificultades para que as novas xeracións sexan competentes neste idioma.
Fonte: The Economist
Un experto da Universidade de Copenhague revela que un 10 % das palabras do dinamarqués son de orixe inglesa
Un profesor da Universidade de Copenhague revelou que unhas 12000 palabras da lingua dinamarquesa son de orixe inglesa, un 10 % do total.
Fonte: CPH Post
O Instituto Nacional de Linguas de Luxemburgo cumpre dez anos
O Instituto Nacional de Linguas de Luxemburgo cumpre dez anos e segue a promover o ensino e a aprendizaxe das linguas oficiais do Gran Ducado (luxemburgués, alemán e francés) e outras como o portugués ou o inglés.
Fonte: RTL
A cidade de Talín abre un novo centro de lingua estoniana
O centro histórico de Talín, capital de Estonia, albergará un novo centro de lingua e cultura estonianas que permitirá que as persoas que non falan este idioma poidan desenvolver as súas destrezas orais e escritas co fin de integrarse mellor na vida do país báltico.
Fonte: ERR
Un xornal británico levanta polémica ao dar por extinguido o gaélico da Illa de Man
Membros da comunidade de falantes de gaélico da Illa de Man denunciaron a publicación dun artigo nun xornal británico que aseguraba a extinción da súa lingua.
Fonte: IOM Today
O Goberno de Paraguai asume o compromiso de preservar as linguas indíxenas que se falan no seu territorio
Co pretexto do Ano Internacional das Linguas Indíxenas proclamado pola Organización das Nacións Unidas, o Goberno de Paraguai anunciou a aplicación dun programa de divulgación e preservación das súas 19 linguas indíxenas.
Fonte: Télam
A cidade de Sydney acolle un campamento de inmersión en lingua galesa
Un grupo de nais e pais de fala galesa de Nova Gales do Sur organizáronse para levar os seus fillos ao primeiro campamento de verán de inmersión en galés que se celebra neste estado australiano.
Fonte: ABC
O albanés consegue o estatuto de lingua oficial na República de Macedonia
Un representante do Parlamento da República de Macedonia declarou que a lei que converte o albanés en lingua oficial do país balcánico foi xa enviada ao diario oficial para ser publicada.
Fonte: European Western Balkans
Boletín
Subscríbase ao boletín