Mundo
Marrocos reforzará o ensino do francés na educación secundaria
O Goberno de Marrocos propuxo a reintrodución do francés como lingua de instrución na educación secundaria co fin de reforzar o nivel do alumnado de cara á universidade.
Fonte: REUTERS
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro, a Unesco celebra o Día Internacional da Lingua Materna co fin de promover o uso e o ensino das lingua maternas en todo o mundo. Este ano tentarase concienciar as persoas sobre o valor que as linguas maternas teñen para o desenvolvemento, a construción da paz e a reconciliación dos pobos.
Fonte: UNESCO
Timor Leste aposta pola formación en lingua portuguesa do persoal da xustiza
O ministro de Xustiza de Timor Leste, Manuel Cáceres da Costa, defendeu en Dili a importancia da formación en lingua portuguesa dos axentes xurídicos co fin de acadar unha xustiza máis xusta.
Fonte: Jornal de Notícias
Unha universidade californiana ofrecerá dous cursos de lingua e cultura portuguesas
A Universidade Estatal de California en Fresno ofrecerá a partir do próximo ano lectivo dúas novas disciplinas de lingua e cultura portuguesas. Unha delas versará sobre lingua e literatura e a segunda sobre cultura lusófona. Os cursos serán impartidos no Departamento de Linguas e Literaturas Modernas e Clásicas da Facultade de Artes e Humanidades da devandita universidade.
Fonte: Observador
Un estudo mostra similitudes entre a lingua de signos dos chimpancés e a lingua dos seres humanos
Un grupo de investigadores da Universidade de Roehampton no Reino Unido revelou que a lingua de signos que empregan os chimpancés podería basearse nos mesmos principios polos que se rexe a lingua dos seres humanos.
Fonte: NewScientist
Un total de catro linguas de Suráfrica está en perigo de desaparición
En total catro linguas de Suráfrica, o nǀu, o xiri, o gail e o afrikaans están en risco de desaparición ou en situación de perda seria de falantes.
Fonte: The South African
Un banco rexeita un cheque escrito en lingua córnica
A entidade bancaria Lloyds Bank rexeitou un cheque escrito en córnico a pesar de ser unha lingua con recoñecemento legal no Reino Unido. Ante as críticas orixinadas por este feito, o banco defendeu a súa postura dicindo que "non pode procesar cheques escritos en linguas que non entenda o seu persoal".
Fonte: BBC
O oeste da cidade de Belfast terá o rueiro en dúas linguas: inglés e gaélico irlandés
Oficiais do Concello de Belfast, capital de Irlanda do Norte, anunciaron a introdución de nomes en gaélico irlandés en rúas do oeste da cidade.
Fonte: Belfast Live
O persoal médico estranxeiro que traballe en Dinamarca deberá dominar a lingua dinamarquesa

A ministra de Sanidade de Dinamarca, Ellen Trane Nørby, está preparando unha nova lexislación que obrigará os facultativos médicos a acadaren un certo nivel da lingua dinamarquesa para poder traballar no país.
Fonte: The Local
Un gobernante de Macau gaba as políticas de promoción da lingua portuguesa na excolonia portuguesa
O secretario de Asuntos Sociais e Cultura de Macau, Alexis Tam, gabou os esforzos emprendidos polo Goberno de Macau na promoción da lingua e cultura portuguesas. Actualmente existen 6700 estudantes de portugués nas escolas de ensino secundario.
Fonte: RTP
Boletín
Subscríbase ao boletín