Mundo

Unha empresa lanza o primeiro tradutor automático neuronal gaélico-inglés-gaélico

KantanMT anunciou no Día de San Patricio, patrón de Irlanda, que vai lanzar o primeiro tradutor automático neuronal para as combinacións lingüísticas gaélico-inglés e inglés-gaélico.

Fonte: Slator

Un estudo revela que a irrupción da agricultura puido provocar cambios na fala dos seres humanos

Un estudo elaborado por investigadores da Universidade de Zürich revelou que a irrupción das actividades agrícolas trouxo cambios que mudaron a linguaxe humana para sempre. O estudo quere demostrar que os cambios na dieta puideron contribuír ao uso de novos sons como o f ou o v.

Fonte: National Geographic

O Brasil celebra a Semana da Lingua Alemá

As embaixadas de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza celebran en cooperación cos seus respectivos consulados a Semana da Lingua Alemá no Brasil.

Fonte: Terra

Nace un sitio web que recolle toda a música feita en lingua occitana

O novo sitio web Trobasons, que recolle toda a música feita en lingua occitana, axudará a promover e divulgar este idioma a partir dun dos seus principais modos de expresión cultural.

Fonte: Jornalet

O gusto polo fado fortalece a lingua de Camões en Goa

Nos últimos anos a cultura do fado tornouse popular en Goa, antiga colonia de Portugal na India. O Instituto Camões e outras entidades aproveitaron este apego para fortalecer a promoción da lingua portuguesa neste territorio.

Fonte: Notícias ao Minuto

O portugués deixará de ter validez nos exames nacionais de bacharelato en Francia

Unha asociación de profesorado de lingua portuguesa en Francia rexeita a reforma educativa francesa que obriga a que o portugués deixe de ter validez nos exames de bacharelato. As persoas afectadas temen que isto provoque unha baixada no número de matrículas.

Fonte: Notícias ao Minuto

Andorra fomentará o uso do catalán nas actividades deportivas

A ministra de Cultura, Xuventude e Deporte de Andorra presentou a campaña "Entrena la llengua" que pretende o fomento da lingua catalá entre a xente nova que practica actividades deportivas extraescolares.

Fonte: La Vanguardia

O municipio de Gwynedd reduce as axudas para ensinar galés a menores procedentes de fóra do País de Gales

O municipio de Gywnedd, no norte de Gales, reduciu considerablemente a partida orzamentaria destinada a centros de inmersión en lingua galesa para menores procedentes doutras zonas do Reino Unido e do estranxeiro que non dominen este idioma.

Fonte: North Wales Live

O Goberno do Canadá aproba unha actualización da Lei de linguas oficiais

O Goberno federal do Canadá aprobará unha importante reforma da Lei de linguas oficiais cincuenta anos despois da súa primeira publicación.

Fonte: CBC

O Instituto Estoniano organizará unha semana internacional da lingua estoniana

O Instituto Estoniano anunciou para o mes de setembro a celebración da Semana Internacional da Lingua Estoniana cuxo obxectivo é estimular o ensino e a aprendizaxe desta lingua báltica para chegar aos tres millóns de falantes.

Fonte: Estonian World

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder