Mundo
O alemán convértese na segunda lingua estranxeira máis demandada polos empresarios do Reino Unido
O alemán converteuse na segunda lingua máis demandada polos empresarios do Reino Unido ao subir un 11 % nas ofertas de emprego dos últimos tres anos.
Fonte: Independent
O Instituto Politécnico de Macau lanza un sistema de tradución automática chinés-portugués-inglés

O Instituto Politécnico de Macau (IPM, polas súas siglas en portugués) estreou un sistema de tradución automática con recoñecemento de voz para a combinación lingüística chinés-portugués-inglés.
Fonte: RTP
Máis de 4000 xornalistas traballan en linguas minoritarias en Europa
Un estudo de investigación presentado por un catedrático da Universidade do País Vasco revelou que un total de 4800 xornalistas traballan exclusivamente nunha lingua minoritaria en Europa.
Fonte: La Vanguardia
Dúas localidades bretoas inauguraron sinalización en galó
Dúas localidades do leste e o centro da Bretaña inauguraron sinalización en lingua galó. Nunha delas a iniciativa inclúe tamén paneis informativos dentro do edificio da administración local.
Fonte: Jornalet
O Comité de Ministros do Consello de Europa publica un relatorio sobre a situación das linguas minoritarias en Serbia
O Comité de Ministros do Consello de Europa publicou un relatorio sobre a situación das linguas minoritarias en Serbia e a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. O ente europeo recoméndalle ao país balcánico que promova o uso destes idiomas no ensino e na Administración.
Fonte: Council of Europe
O presidente de Francia rexeita de novo a cooficialidade do corso en Córsega
O presidente da República de Francia, Emmanuel Macron, rexeitou novamente a proposta do Goberno de Córsega dunha autonomía para a illa e a cooficialidade da lingua corsa.
Fonte: Nationalia
O Estado francés dá luz verde á apertura da Oficina da Lingua Catalá na Cataluña do Norte
O Estado francés desbloqueou unha partida orzamentaria de 100 000 euros para pór en funcionamento a Oficina Pública da Lingua Catalá na Cataluña do Norte no departamento dos Pireneos Orientais.
Fonte: L'Independant
Un condado do norte de Gales quere incrementar o número de falantes de galés que viven no seu territorio
O condado de Flintshire, no nordeste do País de Gales, decidiu incrementar os seus obxectivos no número de falantes de galés xa que, segundo algunhas fontes, non é o suficientemente ambicioso. Para conseguir a súa nova meta de 2500 novos falantes, o condado decidiu apoiarse no ensino de adultos e nas matrículas de escolares en centros de inmersión.
Fonte: Deeside
Unha investigación revela que a canle pública de televisión de Irlanda RTÉ non cumpre os mínimos de programación en irlandés

Unha investigación realizada pola oficina do comisario de Linguas Oficiais da República de Irlanda revelou que a canle pública de televisión RTÉ non está cumprindo os mínimos esixidos na programación de contidos en lingua vernácula.
Fonte: Independent
Arabia Saudita introducirá o ensino do chinés no sistema educativo
Un acordo entre Arabia Saudita e China permitirá que o país de Oriente Medio introduza o ensino do chinés en todas as etapas educativas, incluída a universitaria.
Fonte: Gulf
Boletín
Subscríbase ao boletín