Mundo
O Concello de L'Alguer, na Sardeña, estrea a versión catalá do seu sitio web
A cidade sarda de L'Alguer, Alghero en italiano ou S'Alighèra en sardo, estreou a versión catalá do seu sitio web que está dispoñible tamén en italiano. A páxina ofrece información sobre os servizos e as actividades que ofrece a localidade.
Fonte: El Nacional
Unha vila bretoa busca descifrar o significado dunha inscrición realizada nunha lingua descoñecida
A vila bretoa de Plougastel-Daoulas ofrece unha recompensa de 2000 euros á persoa que consiga descifrar o significado dunha estraña inscrición escrita nunha lingua descoñecida que apareceu nunha rocha bañada polo mar.
Fonte: GEO
Un escritor portugués gaña o premio literario da Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa
O escritor luso António Pedro Serrano de Sousa Correia venceu a cuarta edición do premio literario de novos talentos da Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA) pola súa obra Praças.
Fonte: Observador
Premian unha plataforma brasileira que traduce portugués á lingua de signos
A plataforma Hand Talk, que permite traducir portugués á lingua de signos brasileira, recibiu un importante premio de Google, o Desafío Google de Impacto en Intelixencia Artificial (IA).
Fonte: Mundo Bit
O ministro de Educación de Portugal defende o valor internacional da lingua portuguesa en Praia
Con motivo do encontro anual das Escolas Portuguesas no Estranxeiro (EPE) celebrado en Praia, Cabo Verde, o ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão Rodrigues, defendeu a importancia global da lingua portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Mesa pola Normalización Lingüística participa nun foro sobre minorías lingüísticas en Bruxelas
A Mesa pola Normalización Lingüística, representada pola directora de Abertos ao galego, Celia Armas, participou no Foro Rexional Europeo para as Minorías organizado pola ONU en Bruxelas. O tema do evento foi Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías.
Fonte: Sermos Galiza
O Goberno de Ontario inviste no ensino en francés de calidade
O Goberno de Ontario (Canadá) destinará case 20 millóns de dólares a iniciativas e proxectos que teñan como obxectivo o desenvolvemento dun ensino francófono de calidade.
Fonte: Ontario News
Presentan en Bolivia unha aplicación móbil para a aprendizaxe de cinco linguas indíxenas

O Ministerio de Cultura e Turismo de Bolivia presentou unha aplicación móbil que permite aprender cinco linguas indíxenas faladas no país andino: aimará, quechua, guaraní, trinitario e uru.
Fonte: Prensa Latina
Unha moeda réndelles homenaxe ás linguas aborixes de Australia
Con motivo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, a Casa da Moeda de Australia acuña unha moeda para render homenaxe a 14 linguas aborixes faladas actualmente no país austral.
Fonte: El Diario
A CPLP celebra o Día da Lingua Portuguesa
Un total de 56 países do mundo, entre os que se atopa Cuba, China e Rusia, celebraron con diferentes iniciativas culturais o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Deutsche Welle
Boletín
Subscríbase ao boletín