Mundo
Angola quere aspectos da lingüística bantú no Acordo Ortográfico
O Ministerio de Educación de Angola defendeu a inclusión da lingüística bantú no Acordo Ortográfico promovido pola Comunidade dos países de Lingua Portuguesa (CPLP) para que a realidade da lingua deste país africano poida ser retratada nas gramáticas contemporáneas.
Fonte: África 21 Digital
Un programador de Nixeria crea unha plataforma que traduce linguas africanas
Un programador nixeriano crea unha plataforma en liña baseada en intelixencia artificial que permitirá traducir máis de 2000 linguas, facilitando así a comunicación de millóns de persoas do continente africano.
Fonte: Face2Face Africa
O Goberno do Perú oficializa o alfabeto da lingua indíxena asheninka
O Ministerio de Educación do Perú oficializou o alfabeto da lingua asheninka, idioma amazónico falado nos departamentos de Pasco, Ucayali, Huánuco e Junín.
Fonte: Radio Nacional
Só unha minoría do alumnado que estuda en portugués no ensino superior de Macau procede de países lusófonos
Só un 7 % dos case 2000 alumnos e alumnas que cursan en portugués materias de ensino superior en Macau procede de países lusófonos. O alumnado é orixinario principalmente da propia China.
Fonte: Diário de Notícias
Xangai acolle unha mostra de cinema en lingua portuguesa
A cidade chinesa de Xangai acollerá a primeira Mostra de Cinema en Lingua Portuguesa que promoverá a cultura lusófona con filmes portugueses, brasileiros e caboverdianos.
Fonte: Sapo 24
A Comisión Europea estudará a nova lei de linguas de Ucraína
A vicepresidenta da Comisión Europea, a italiana Federica Mogherini, declarou que a Comisión Europea vai estudar con detalle a nova lei aprobada polo Parlamento de Ucraína que incrementa o uso do ucraíno como lingua oficial en todos os ámbitos da vida pública.
Fonte: Interfax Ukraine
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo abrirá as súas portas en 2020
Despois do incendio que destruíu unha boa parte do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, o gobernador do estado João Doria afirmou que os traballos de reconstrución levan un bo ritmo e que a institución reabrirá as súas portas no primeiro semestre de 2020.
Fonte: Observador
O Presidente da República de Portugal defende en China a importancia do portugués para a proxección internacional do país luso
Con motivo dunha visita oficial a China, o presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, defendeu a importancia da lingua portuguesa no mundo como elemento determinante para a proxección internacional do país luso.
Fonte: Jornal de Notícias
Portugal participará nun mundial de robótica cun robot que ensina lingua de signos

O robot Tupi, que é capaz de ensinar lingua de signos, representará a Portugal no mundial RoboCup de robótica que terá lugar en Australia.
Fonte: Público
O Brasil debaterá a anulación do Acordo Ortográfico
A Comisión de Educación da Cámara dos Deputados do Brasil aproba unha iniciativa para debater a anulación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín