Mundo
Unha muller chilena de 91 anos loita por manter viva a súa lingua ancestral
Cristina Calderón, de 91 anos, é a última falante da lingua yámana da comunidade indíxena yaghán que habita as remotas terras do extremo máis meridional de América do Sur.
Fonte: TRT World
O Goberno do Reino Unido reafirma o seu apoio á lingua galesa
O secretario de Estado para o País de Gales, Alun Cairns, aproveitou unha reunión co novo comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, para reafirmar o apoio do Goberno do Reino Unido na consecución do obxectivo dun millón de falantes de galés antes de 2050.
Fonte: UK Government
A Axencia Rexional da Lingua Friulana presenta o seu sitio web para o ensino do friulano
A Axencia Rexional da Lingua Friulana (ARLeF) presentou o seu novo sitio web para o ensino e a aprendizaxe da lingua friulana nas escolas.
Fonte: Udine Today
A Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing abre unha Facultade de Lingua Portuguesa

A Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing, en China, abriu a Facultade de Estudos Hispánicos e Portugueses, converténdose así na primeira escola universitaria dedicada, entre outras cousas, á lingua portuguesa.
Fonte: Jornal de Angola
Unha enquisa na República de Irlanda revela que existe un forte apoio da cidadanía cara á lingua irlandesa
Unha enquisa realizada para as canles de televisión RTÉ e TG4 revelou que o 60 % da poboación da República de Irlanda está a favor da promoción e o uso do gaélico.
Fonte: RTÉ
A Organización de Estados Iberoamericanos desenvolve un proxecto pedagóxico bilingüe en zonas de fronteira
A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) está a desenvolver un proxecto pedagóxico bilingüe en zonas fronteirizas de Portugal e España e entre o Brasil e outros estados de fala española como Uruguai, Arxentina e Paraguai, entre outros.
Fonte: TSF
O arameo está en risco de desaparición
O arameo falado nalgunhas localidades de Siria, como a aldea de Malula, está ao bordo da desaparición. Trátase dunha lingua semítica de máis de 2000 anos que hoxe é coñecida na súa maior parte por falantes de máis de 60 anos.
Fonte: Gulf News
Unha nova iniciativa busca que o estado francés defenda o ensino en occitano
O colectivo de docentes de occitano en Francia presentou unha iniciativa para reclamarlle ao goberno que defenda e promova o ensino en occitano. A iniciativa consiste en chamar masivamente o Ministerio de Educación e interesarse polo ensino nesta lingua.
Fonte: Jornalet
Irlanda abre un centro tecnolóxico para a promoción do gaélico
O ministro da Lingua Irlandesa da República de Irlanda, Seán Kyne, abriu oficialmente un centro tecnolóxico dirixido a xente nova que terá como obxectivo promover e fomentar o uso do gaélico irlandés.
Fonte: GalwaybayFm
Un líder da oposición do Parlamento de Turquía pide que se oficialice a lingua kurda
O líder da oposición do Partido Popular Republicano no Parlamento de Turquía, Kemal Kılıçdaroğlu, defendeu a necesidade de que se aprobe a lexislación pertinente para que a lingua kurda poida ter carácter oficial.
Fonte: Ahval
Boletín
Subscríbase ao boletín