Mundo
A Universidade das Terras Altas e as Illas de Escocia publica o seu plan de promoción da lingua gaélica
A Universidade das Terras Altas e as Illas de Escocia publicou o seu terceiro Plan de Promoción da Lingua Gaélica que estipula as medidas que levará a cabo a institución educativa para o uso e promoción da lingua vernácula.
Fonte: The Oban Times
Serbia deberá fomentar o uso e a protección das súas linguas minorizadas
O Consello de Europa solicita a Serbia que protexa e promova as súas linguas minorizadas por medio da aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
Fonte: Language Magazine
A Real Academia Galega demanda, nun seminario no Brasil, maior presenza do portugués nas escolas para impulsar a proxección do galego no exterior
Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, laiouse, no marco dun seminario internacional celebrado na Universidade Federal Fluminense, da pouca implantación do portugués nos centros educativos galegos e reclamou maior presenza desta lingua nas escolas de Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
A Feira do Libro de Asunción réndelles homenaxe ás linguas indíxenas
A Feira Internacional do Libro de Asunción, Paraguai, rende homenaxe ás linguas nativas con multitude de actividades con motivo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas.
Fonte: Ñandutí
A Unión Europea quere que o alumnado de secundaria aprenda dúas linguas estranxeiras máis
Os ministros de Educación da Unión Europea aprobaron unhas recomendacións no ámbito educativo que axudarán o alumnado de secundaria a aprender dúas linguas estranxeiras máis antes da chegada á universidade.
Fonte: El Periódico
Valentín García inaugura en Niterói o 'I Seminario Internacional de Estudos Lingüísticos. Galego e portugués'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu na cidade brasileira de Niterói o I Seminario Internacional de Estudos Lingüísticos. Galego e portugués: o pasado presente, que reúne expertos en lingua galega e portuguesa de ambas as beiras do Atlántico ata o vindeiro día 8 de xuño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Olimpíada da Lingua Portuguesa recibe máis de 170 mil inscricións de todo o Brasil
A 6.ª edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa recibiu máis de 170 mil inscricións de todos os estados do Brasil nun total de cinco categorías de xéneros textuais.
Fonte: O Semanário
Un grupo de pais e nais de Montpellier pide que os seus fillos e fillas poidan seguir cursando os estudos en occitano
Un grupo de pais e nais de Montepellier solicita mediante unha petición pública que os seus fillos e fillas teñan a oportunidade de seguir cursando estudos de ensino medio en lingua occitana.
Fonte: Jornalet
O Goberno da India revisará a súa lei sobre o ensino das linguas ante a oposición dos estados do sur do país
O Goberno da India revisará a polémica lei que pretende a introdución obrigatoria do hindi como terceira lingua en todos os estados do país, dada a forte oposición que desencadeou a medida no sur da India, especialmente no estado de Tamil Nadu.
Fonte: Arab News
Portugal perde a ilustre escritora Agustina Bessa-Luís
Portugal chora a morte dunha das súas máis notables escritoras contemporáneas, Agustina Bessa-Luís. O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, decretou un día de loito nacional.
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín