Mundo
O Goberno do Reino Unido destina unha partida orzamentaria á preservación da lingua córnica
O ministro das Comunidades do Reino Unido, Nick Bourne anunciou que unha nova partida orzamentaria de 200 000 euros será destinada á preservación da lingua e cultura córnicas.
Fonte: Gov.uk
A Unión Africana apoia que o suahili se converta nunha lingua franca de todo o continente africano

A Unión Africana (UA) apoia a campaña iniciada desde diferentes estamentos como a Academia Africana de Linguas para converter o suahili nunha lingua franca de todo o continente africano.
Fonte: Business Daily
Unha universidade do sur de Italia impartirá o grao de Lingua e culturas estranxeiras
A Universidade de Foggia, na rexión italiana de Apulia, impartirá a partir do novo curso académico o grao de Linguas e culturas estranxeiras que permitirá a aprendizaxe de diferentes idiomas modernos, entre eles o chinés.
Fonte: Foggia Today
A lingua chinesa gaña importancia no Nepal
A lingua chinesa está adquirindo cada vez máis peso nas escolas privadas do Nepal, especialmente nos centros situados na capital, Katmandú, e en zonas limítrofes.
Fonte: Khabarbhub
O British Council alerta dun cambio de actitude respecto ao estudo das linguas estranxeiras co Brexit
A institución que promove o ensino do inglés no estranxeiro, o British Council, alertou do cambio de actitude da poboación británica ante o Brexit. Segundo se desprende dun informe, cada vez máis pais e nais, sobre todo aqueles que proveñen de ambientes desfavorecidos, pensan que o estudo das linguas estranxeiras é pouco importante pola inminente ruptura do Reino Unido coa Unión Europea.
Fonte: BBC
A emisora de noticias YLE pon fin ao seu boletín de novas en latín
Despois de tres décadas de emisión, a canle pública finlandesa YLE pon fin aos seus boletíns semanais de noticias en lingua latina.
Fonte: RTÉ
Unha vila do centro de Portugal acolle un maratón de lectura en lingua portuguesa
A localidade portuguesa de Sertã, no centro do país, acolle un maratón de lectura en lingua portuguesa. A presente edición porá a atención na literatura africana en portugués.
Fonte: DESCLA
A lingua asubiada de Turquía ensinarase na universidade
A lingua asubiada de Turquía, que se fala nunha zona do nordeste do país, será ensinada na Universidade de Giresun co obxectivo de trasladar este coñecemento ás novas xeracións.
Fonte: Daily Sabah
A lingua portuguesa corre o risco de desaparecer do sistema de exames nacionais de Francia

O Ministerio de Educación de Francia excluirá o portugués dos exames nacionais de acceso á universidade se non se incrementan as matrículas desta lingua no ensino público.
Fonte: RTP
Un estudo da Universidade de Helsinqui revela que a música pode ser beneficiosa para a lingua oral das persoas con discapacidade auditiva
Un estudo elaborado pola Universidade de Helsinqui revelou que o uso da música pode ter efectos beneficiosos no desenvolvemento da produción oral das persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: The Sector
Boletín
Subscríbase ao boletín