Mundo
Un foro internacional promove a lingua portuguesa en Gaia
A cidade portuguesa de Gaia acolle o Foro Internacional de Gaia (FIGaia) que ten como obxectivo a promoción do desenvolvemento sustentable e a lingua portuguesa.
Fonte: Público
Medra a popularidade da lingua coreana en Arabia Saudita
Dada a popularidade actual polas producións audiovisuais e a música feitas en coreano, o interese por esta lingua asiática medrou de xeito claro nos últimos anos en países de Oriente Medio como Arabia Saudita.
Fonte: Arab News
Suráfrica quere promover as linguas africanas no ensino superior
O ministro de Educación Superior de Suráfrica, Blade Nzimande, defendeu a promoción e desenvolvemento de todas as linguas africanas e da lingua de signos no ensino universitario.
Fonte: Sowetan Life
Cae o número de estudantes que cursa inglés no último ano do bacharelato do Reino Unido
O número de estudantes que cursa lingua inglesa no último ano do bacharelato do Reino Unido caeu 8,4 puntos desde 2001 a pesar de ser unha das materias máis escollidas polo alumnado.
Fonte: The Telegraph
Unha universidade chinesa incluirá o portugués como lingua opcional
Unha das máis prestixiosas universidades de China, a Universidade Qinghua, ofertará a partir do próximo ano lectivo portugués como materia opcional ao alumnado de todos os cursos.
Fonte: Observador
As autoridades chinesas ordenan a supresión da escrita árabe dos locais comerciais
As autoridades chinesas ordenan na cidade de Pequín que os establecementos comerciais supriman ou cubran a escrita ou simboloxía árabe dos seus carteis publicitarios.
Fonte: Aljazeera
Unha cidade do sur do Brasil aproba unha lei para a promoción da lingua alemá como patrimonio inmaterial
O municipio de Blumenau, no estado surbrasileiro de Santa Catarina, aprobará unha proposta para promover de xeito oficial a lingua alemá como importante trazo do patrimonio cultural inmaterial da cidade.
Fonte: O Município Blumenau
Crean unha aplicación móbil para aprender sardo
Un grupo de mozos crea a aplicación móbil gratuíta Sardoo co obxectivo de espallar o coñecemento do sardo e aprender a lingua dun xeito lúdico e orixinal.
Fonte: Vistanet
Espérase que no final do século o portugués teña 500 millóns de falantes

O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas de Portugal, José Luís Carneiro, declarou que o coñecemento da lingua portuguesa está en alza en todas as rexións do mundo e o prognóstico é que no final do século sexa falada por 500 millóns de persoas.
Fonte: Observador
O Goberno de Mozambique aposta polo fomento do ensino bilingüe
O Ministerio de Educación de Mozambique presentou unha estratexia de educación inclusiva para que máis de cinco millóns de alumnos e alumnas do sistema educativo público estuden o portugués e a lingua nativa máis falada na súa rexión correspondente.
Fonte: Impala
Boletín
Subscríbase ao boletín