Mundo
Un encontro no Río de Xaneiro difunde a obra de poetas en lingua portuguesa
A cidade brasileira de Río de Xaneiro acolle o sexto Encontro de Poetas da Lingua Portuguesa co fin de difundir a obra de autores lusófonos antes de pasar por Guinea-Bissau e Portugal.
Fonte: Isto é Dinheiro
Publícase un vocabulario en lingua de signos para nenos e nenas
A Fundación Catarinense de Educación Especial (FCEE) do estado brasileiro de Santa Catarina publicou un vocabulario básico en lingua de signos para nenos e nenas que se pode descargar gratuitamente.
Fonte: Michel Teixeira
Estréase en Francia o filme "O que arde" de Óliver Laxe
O filme O que arde do director galego Óliver Laxe estreouse nos cinemas franceses nun total de 54 salas e proxectarase en versión orixinal galega con subtítulos. O que arde obtivo o Premio do Xurado da Sección Oficial do Festival de Cannes e o Premio á Mellor Creación Sonora.
Fonte: Praza Pública
Aumenta o ensino bilingüe portugués-inglés no Brasil
O ensino bilingüe portugués-inglés incrementouse no Brasil ata un 10 % no ano 2018. A crise económica e a importancia do inglés levaron a moitas familias brasileiras a optar por un ensino que potencie o coñecemento lingüístico.
Fonte: UOL
Dublín contará con cinco novas escolas de inmersión en gaélico irlandés
O Departamento de Educación da República de Irlanda anunciou que nos próximos tres anos cinco novas escolas de inmersión en irlandés abrirán en diferentes zonas de Dublín.
Fonte: RTÉ
O comisario da Lingua Galesa quere apostar por programas que potencien o uso diario do idioma
O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, declarou, con motivo do National Eisteddfod, que o seu goberno seguirá apostando por medidas que fortalezan o uso diario do galés para evitar que a situación lingüística de Gales pase a asemellarse á que hai na República de Irlanda.
Fonte: BBC
A Comisión Europea lanza un concurso de tradución dirixido a alumnado de ensino medio

A Comisión Europea lanza a décimo terceira edición do concurso de tradución Juvenes Translatores que promoverá o coñecemento lingüístico entre alumnado de centros de ensino medio de toda a Unión Europea.
Fonte: Government Europa
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo lanza o seu programa educativo para nenos e nenas
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo reabriu parcialmente para ofrecer unha programación educativa para nenos e nenas. Entre as actividades destaca un club de lectura e a exhibición de filmes e teatro.
Fonte: Folha de São Paulo
Multan a Air Canada por non respectar o uso da lingua francesa a bordo dos avións
A denuncia a Air Canada realizouna unha parella de Ontario por considerar que a compañía vulnera os dereitos lingüísticos dos francófonos ao utilizar predominantemente o inglés. Segundo a Lei de idiomas oficiais do Canadá, este país é bilingüe, polo que inglés e francés teñen o mesmo status, o que significa que todos os servizos en aeronaves deben ofrecerse nas dúas linguas.
Fonte: Público
Preséntase un proxecto para difundir a lingua guaraní nas redes

No marco do Congreso de Linguas Indíxenas, un mozo, Hugo Ruiz, presentou Ndish, a primeira plataforma de entretemento totalmente en guaraní que ten como finalidade impulsar este idioma nas redes.
Fonte: La Nota
Boletín
Subscríbase ao boletín