Mundo
Un lingüista defende que o portugués debe aproveitar o fenómeno do multilingüismo para crecer
O lingüista e antigo director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), Gilvan Müller de Oliveira, defendeu que o portugués e outras linguas deberían aproveitar as oportunidades que ofrece o fenómeno do multilingüismo para prosperar e crecer.
Fonte: Sapo
Un estudo revela que as minorías lingüísticas de Finlandia non senten a identidade finlandesa como propia
Unha enquisa realizada a 1500 persoas en Finlandia revelou que as minorías lingüísticas do país forman parte da sociedade finlandesa mais non senten a súa identidade como propia.
Fonte: YLE
Unha lei proporá un novo nome bilingüe galés-inglés para a Asemblea de Gales
O Goberno do País de Gales quere aprobar unha lei que cambie o nome actual da Asemblea de Gales. A nova proposta será bilingüe galés-inglés e será a tradución directa de "Parlamento de Gales".
Fonte: BBC
A cidade de Helsinqui quere mellorar os servizos en lingua inglesa
O Concello de Helsinqui anunciou que quere facer a cidade máis atractiva para as persoas que falen o inglés como primeiro idioma e aposta por unha mellora dos servizos que se ofrecen nesta lingua.
Fonte: YLE
O Goberno de Malta quere promover o coñecemento da lingua maltesa
Un informe publicado recentemente polo Goberno de Malta propón novas medidas para garantir que os escolares de todas as idades poidan dominar o maltés e as persoas que acaban de chegar ao país poidan aprendelo.
Fonte: The Pie News
A Generalitat de Cataluña expón en Bruxelas a recuperación da lingua occitana
Con motivo do Día Europeo das Linguas, a Generalitat de Cataluña, en colaboración co Consello Rexional de Arán e a Oficina Pública da Lingua Occitana, expuxo na capital europea as medidas que se levaron a cabo no territorio do Val de Arán para recuperar a lingua occitana.
Fonte: Jornalet
O inglés segue sendo a lingua estranxeira principal no ensino europeo

De acordo con datos revelados pola oficina estatística europea Eurostat, case o 98 % do alumnado de ensino secundario cursou o inglés como primeira lingua estranxeira en 2017. As outras linguas máis estudadas foron o francés (33,4 %), o alemán (23,3 %) e o español (16,9 %).
Fonte: Anadolu Agency
Unha comunidade portuguesa do Canadá loita para manter un curso universitario de lingua portuguesa
A comunidade portuguesa de Queens, en Kingston, na provincia canadense de Ontario, iniciou unha nova campaña de recadación de fondos para manter o curso de lingua portuguesa que se imparte na Universidade de Queens.
Fonte: Diário de Notícias
Presentan un proxecto de lei para que o mapuche sexa lingua oficial na provincia arxentina de Neuquén
A Confederación Mapuche de Neuquén, en Arxentina, presentou un proxecto de lei no goberno provincial para que o mapuche ou mapuzugun sexa declarado lingua oficial en todo o territorio provincial.
Fonte: Télam
Un importante centro cultural de Irlanda do Norte creará residencias para estudantes de lingua gaélica
Cultúrlann, un importante centro cultural situado na cidade norteirlandesa de Derry, creará as primeiras residencias universitarias de Irlanda do Norte para estudantes que teñan o gaélico como lingua materna.
Fonte: The Irish News
Boletín
Subscríbase ao boletín