Mundo

O Goberno de Letonia reducirá os requisitos de lingua letoa para o persoal que traballe nos trens de pasaxeiros

O Goberno de Letonia anunciou que reducirá os requisitos de coñecemento da lingua letoa para as persoas responsables de conducir os trens de pasaxeiros. Até agora o nivel C era esixido para este fin.

Fonte: LSM

Apróbase unha nova norma escrita para o luxemburgués

O ministro de Educación do Gran Ducado de Luxemburgo, Claude Meisch, anunciou que en breve se presentarán as novas normas ortográficas da lingua luxemburguesa co fin de clarificar a lingua e adaptala ás tendencias máis actuais.

Fonte: Delano

O portugués entrará no currículo escolar de 32 países

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, informou de que a lingua portuguesa pasará a integrar o currículo educativo dun total de 32 países do mundo. Países como Cuba e Colombia poderían tamén ter ensino de portugués no futuro.

Fonte: Diário de Notícias 

Un estudo revela que o cerebro dos bebés bilingües responde mellor ás mensaxes en lingua de signos

Un estudo realizado no Reino Unido revelou que o cerebro dos bebés que medran con dúas linguas orais está máis preparado para responder e adaptarse á lingua de signos que o daqueles que se crían nun ambiente exclusivamente monolingüe.

Fonte: Medical Express

Arredor de 67 millóns de persoas falan unha lingua diferente do inglés nos EUA

A Oficina do Censo dos Estados Unidos de América (EUA) revelou un dato récord: 67,4 millóns de persoas falan unha lingua diferente do inglés na casa. Nun total de 90 cidades espalladas por todo o país a porcentaxe de persoas que falan unha lingua estranxeira sobrepasa o 50 %.

Fonte: Washington Examiner

Suecia está estudando introducir unha proba de lingua sueca para conseguir a cidadanía

O Goberno de Suecia está estudando a posibilidade de cambiar a lei e introducir o requisito de realizar un exame de competencia en lingua sueca para as persoas que queiran conseguir a cidadanía.

Fonte: The Local

Unha das novelas máis importantes da literatura occitana está agora dispoñible en liña

O sitio web das mediatecas de Carcasona publicou en liña o único manuscrito que se conserva do Roman de Flamenca, unha novela anónima do século XIII considerada unha das máis importantes da literatura occitana.

Fonte: Jornalet

Abre en Taiwán un novo centro para a aprendizaxe do chinés fundado con capital estadounidense

O Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América (EUA) abriu en Taiwán o Chinese Overseas Flagship (COP), o segundo centro para a aprendizaxe do chinés que o país americano ten en Asia. Actualmente 22 estadounidenses estudan chinés neste centro que ten a súa sede na Universidade Nacional de Taiwán.

Fonte: Focus Taiwan

 

Medra o interese no Xapón pola lingua de signos internacional

A proximidade dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 serve de estímulo para a aprendizaxe da lingua de signos internacional. Cada vez máis persoas no Xapón asisten a cursos de lingua de signos co fin de mellorar a comunicación con persoas con problemas de audición doutros lugares do mundo.

Fonte: Kyodo News

O portugués podería ser lingua de traballo do Comité Paraolímpico Internacional

A Asemblea Xeral do Comité Paraolímpico Internacional votará se inclúe o portugués como lingua de traballo da organización.

Fonte: TSF

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder