Mundo
Un estudo analiza a influencia da primeira lingua dos falantes na adquisición de idiomas estranxeiros
Un estudo elaborado na Universidade de Rochester (EUA) analizará por primeira vez a incidencia que a primeira lingua dos falantes pode ter na eficacia á hora de adquirir linguas estranxeiras. Os resultados deste estudo poderían levar a aplicar novos métodos de instrución no ensino de adultos.
Fonte: Science Daily
A Unión Africana crea unha comisión para o recoñecemento do tamazight ou bérber
A Unión Africana creou unha comisión oficial sobre a lingua tamazight ou bérber co obxectivo de fundar posteriormente comités de promoción deste idioma nos diferentes países africanos onde se fala.
Fonte: University World News
A Universidade de Beijing impartirá clases dunha lingua nacional africana
A Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing (China) comezará a impartir clases de kinyarwanda, unha das linguas nacionais de Ruanda, falada tamén na República Democrática do Congo e Uganda.
Fonte: University World News
Empeora o nivel de inglés da poboación nalgúns países europeos
Un informe publicado pola empresa sueca EF Education First revela que países europeos como Francia, España e Italia rexistraron cos últimos datos analizados valores máis baixos de dominio da lingua inglesa.
Fonte: Quartz
A capital de Estonia non acepta a nova reforma lingüística aprobada polo goberno do país
O goberno da cidade de Talín, capital de Estonia, non acepta para as escolas infantís locais a lei sobre a unificación lingüística a favor do estoniano que aprobou o executivo central.
Fonte: ERR
Portugal necesita máis profesionais da interpretación en lingua de signos

A Asociación de Tradutores/as e Intérpretes de Lingua de Signos Portuguesa (ATILGP, polas súas siglas en portugués) alertou de que Portugal precisa máis profesionais neste ámbito co fin de garantir o acceso á información por parte das persoas xordas.
Fonte: País ao Minuto
Un festival reúne máis de 250 falantes de linguas indíxenas de toda América Latina
A Cidade de Guatemala acolleu o Festival Latinoamericano de Linguas Indíxenas por Internet que reuniu máis de 250 falantes de linguas orixinarias de toda América Latina. O obxectivo era analizar e debater como tirar proveito das vantaxes de internet na protección e promoción das linguas e culturas minorizadas.
Fonte: ONU
Publican un dicionario da lingua de signos caboverdiana
O secretario de Estado para a Educación de Cabo Verde presentou o Dicionário da Língua Gestual Cabo-verdiana (Dicionario da Lingua de Signos Caboverdiana) que axudará a posibilitar a integración das persoas xordas ou con dificultades auditivas no arquipélago.
Fonte: Espresso das Ilhas
Unha universidade de Bulgaria creará a cátedra José Saramago
O Instituto Camões anunciou que a Universidade de Sofía Sveti Kliment Ohridski, en Bulgaria, creará a cátedra José Saramago co fin de reflectir a importancia que a obra deste autor ten nos estudos literarios do país eslavo.
Fonte: Público
Ucraína celebra o Día da Escritura e a Lingua Ucraínas
Como cada 9 de novembro, Ucraína celebra o Día da Escritura e Lingua Ucraínas que conmemora a figura do reverendo Néstor o Cronista.
Fonte: 112 International
Boletín
Subscríbase ao boletín