Mundo
Luxemburgo contará cunha nova radio en lingua portuguesa
Nace en Luxemburgo Antena Mais, unha radio de difusión electrónica en lingua portuguesa. A emisora está pensada para a comunidade portuguesa do país e privilexiará a música en portugués.
Fonte: RevistaPORT
O Parlamento de Estonia vota a aprobación dunha lei para o desenvolvemento da lingua estoniana
O Parlamento de Estonia votou a favor de que o Goberno do país báltico aprobe unha lei que garanta a promoción da lingua estoniana no sistema educativo en detrimento do ruso.
Fonte: ERR
Unha familia bretoa gaña a batalla xudicial e poderá escribir o nome do seu fillo en bretón
Unha familia da Bretaña que quería empregar o nome bretón Fañch para o seu fillo gañou a batalla nos tribunais despois de que un xulgado de Rennes decretase que pode ser inscrito con este nome. Inicialmente as oficinas públicas de Francia rexeitaran esta grafía porque non era recoñecida pola lingua francesa.
Fonte: Le Parisien
Unha polémica lei de Acerbaixán prohibe usar nomes de pía en ruso
A Comisión de Terminoloxía do Goberno de Acerbaixán aprobou unha polémica lei que prohibe ás familias escoller nomes rusos para a súa descendencia.
Fonte: Eurasianet
Celébrase a Semana da Lingua Italiana no mundo

Dá comezo a XIX Semana da Lingua Italiana no mundo, unha iniciativa do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional de Italia e a Accademia della Crusca. O tema desta edición é "O italiano no escenario".
Fonte: Liberiamo
A aprendizaxe do galés rexistra un forte incremento en aplicacións en liña
O número de persoas que aprenden a lingua galesa rexistrou un forte incremento en dúas aplicacións de ensino en liña: Duolingo e Say Something in Welsh. Na primeira o incremento foi dun 34 % respecto ao mesmo período do ano pasado.
Fonte: BBC
Un proxecto piloto tenta promover a escolla do portugués como lingua de especialidade no bacharelato francés
Un proxecto de cooperación entre Francia e Portugal en materia de educación para cursar portugués como lingua de especialidade no último ano do bacharelato francés recibe máis de 100 apoios en institutos de Francia e a Güiana Francesa.
Fonte: País ao Minuto
Crean un robot en Paraguai capaz de ensinar guaraní nas escolas
Alumnado de enxeñaría electrónica da Universidade Nacional de Asunción, en Paraguai, deseñou un robot, chamado Kachibot, que é capaz de ensinar guaraní nun nivel inicial.
Fonte: La Nación
Comezan as obras do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança
O presidente do municipio de Bragança (Portugal) confirmou que as obras do Museo da Lingua Portuguesa comezarán a partir do mes de novembro despois de 10 anos de espera.
Fonte: Mundo Lusíada
A Unesco aproba o Día Mundial da Lingua Portuguesa

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) aprobou na reunión do seu consello executivo en París que o 5 de maio sexa declarado o Día Mundial da Lingua Portuguesa. É a primeira vez que esta institución toma esta decisión sobre unha lingua que non está entre os seus idiomas oficiais.
Fonte: O Jornal Económico
Boletín
Subscríbase ao boletín