Mundo
O comisario da Lingua Galesa avoga por respectar os dereitos lingüísticos dos pacientes que falen galés
O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, declarou que os profesionais do servizo público de saúde deben poder comunicarse en galés cos pacientes que teñan esta lingua como idioma materno.
Fonte: The Guardian
Timor Leste quere promover o dominio do portugués do seu profesorado
Un novo proxecto entre Portugal e Timor Leste, o Pró-Português, axudará a formar profesorado en lingua portuguesa de todos os niveis de ensino no país asiático.
Fonte: O Jornal Económico
As linguas do sueste asiático son as que medran máis rapidamente nos EUA
Segundo datos recentes do censo dos EUA, as linguas do sueste asiático como o malabar ou o bengalí son as que medraron máis velozmente neste país entre os anos 2016 e 2018.
Fonte: Quartz
Algunhas agrupacións musicais axudan a manter viva a lingua córnica

En Cornualles, Reino Unido, proliferaron nos últimos anos grupos de música que utilizan a lingua córnica como modo de expresión para salvala da extinción. Actualmente esta lingua é falada por unhas 300 persoas.
Fonte: BBC
Reúnese o Consello de Ortografía da Lingua Portuguesa co fin de definir áreas de intervención para promover o portugués
A Casa das Culturas da Lingua Portuguesa do Porto acolleu a primeira reunión do Consello Ortográfico da Lingua Portuguesa co fin de definir áreas prioritarias de intervención e promoción do portugués en todos os países lusófonos.
Fonte: País ao Minuto
A educación especial convértese no Xapón nun recurso para que o alumnado de familias estranxeiras aprenda xaponés
A falta de profesorado suficiente de xaponés leva a moitas familias de orixe estranxeira que viven no Xapón a escolarizar os seus fillos e fillas en clases de educación especial para que desenvolvan as súas destrezas lingüísticas.
Fonte: The Mainichi
O pobo inuit do Canadá crea unha escritura común da lingua inuktitut
A organización do pobo inuit do Canadá, Inuit Tapiriit Kanatami, creou unha escritura común para unificar as diferentes formas dialectais espalladas por todo o territorio canadense.
Fonte: CTV News
África contará co maior número de falantes de portugués no mundo
O ministro de Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que na segunda metade do século o continente africano se converterá no territorio do mundo con maior número de falantes de portugués.
Fonte: Globo
A Unesco mostra a súa preocupación pola perda de diversidade lingüística en Panamá
A representante da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) en Centroamérica, Esther Kuisch Laroche, mostrou a súa preocupación polo alarmante ritmo de desaparición das linguas indíxenas en Panamá.
Fonte: El Diario
O asistente virtual Alexa incorpora agora a lingua portuguesa
O xigante da tecnoloxía Amazon presentou a súa versión completa e actualizada en lingua portuguesa do Brasil do asistente virtual Alexa.
Fonte: Veja
Boletín
Subscríbase ao boletín