Mundo
O Instituto Portugués de Oriente abre unha delegación en Pequín

O Instituto Portugués de Oriente, con sede en Macau, abrirá unha nova delegación en Pequín e un centro de lingua portuguesa na cidade de Chengdu.
Fonte: País ao Minuto
Aumenta a oferta de prazas de ensino en flamengo en Bruxelas
Co fin de incrementar a presenza do flamengo en Bruxelas, capital bilingüe de Bélxica, a cidade será testemuña ata 2020 dunha suba sen precedentes no número de centros educativos de ensino elemental e secundario que oferta inmersión nesta lingua.
Fonte: The Brussels Times
Ofertan por primeira vez un grao de educación primaria en lingua de signos irlandesa
A Universidade da Cidade de Dublín oferta por primeira vez un grao de educación primaria en lingua de signos irlandesa que será cursado este ano por catro estudantes que se comunican nesta lingua.
Fonte: DCU
The New York Times pecha a súa plataforma de noticias en español
O xornal estadounidense The New York Times anunciou o peche da súa plataforma de noticias en español NYT en Español que estaba operativa desde o ano 2016.
Fonte: The Hill
Rusia autoriza o ensino da lingua ucraína na capital de Crimea
A Federación de Rusia autorizou a introdución de clases optativas de ucraíno nas escolas de Sebastopol, capital e cidade máis poboada da anexionada Crimea.
Fonte: RT
Un estudo revela que o coñecemento dunha lingua estranxeira segue sendo popular nas ofertas de emprego do Reino Unido
Un estudo realizado polo sitio web de contratación Indeed revelou que o coñecemento dunha lingua estranxeira segue estando de moda nas ofertas de emprego que se publican no Reino Unido.
Fonte: The Economist
Abre unha biblioteca de libros escritos en gaélico no leste de Belfast
Unha nova biblioteca de libros escritos en gaélico irlandés abriu na zona leste de Belfast, en Irlanda do Norte, co fin de facer fronte á crecente demanda de público interesado en aprender esta lingua.
Fonte: BBC
Reclaman a elaboración de manuais pedagóxicos para o ensino do mirandés
Responsables do Agrupamento de Escolas de Miranda do Douro demandaron ao Goberno de Portugal que axude na elaboración e publicación de manuais pedagóxicos para o ensino da lingua mirandesa, segundo idioma oficial de Portugal.
Fonte: Público
A aprendizaxe da lingua portuguesa leva a familias galegas a escolarizar os seus fillos e fillas en Portugal

A proximidade coa fronteira, a posibilidade de aprender e desenvolver a lingua portuguesa e a flexibilidade no horario levan a familias galegas do Baixo Miño a escolarizar os seus fillos e fillas en centros de infantil de vilas portuguesas como Vila Nova de Cerveira.
Fonte: Diário de Notícias
Un estudo revela novos datos sobre a adquisición da lingua en bebés
Un estudo da Universidade de Sheffield, no Reino Unido, revelou que a frecuencia na que farfallan os bebés pode determinar a riqueza verbal que desenvolvan posteriormente.
Fonte: Medical Express
Boletín
Subscríbase ao boletín