Mundo

O presidente de Portugal falará na Academia Francesa da riqueza do portugués e o francés

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, participará nunha reunión da Academia Francesa en París onde pronunciará un discurso sobre a riqueza do francés e o portugués.

Fonte: Notícias ao Minuto

O Goberno de Alemaña pediralle ao clero procedente de fóra da UE que fale alemán

O Goberno da República Federal Alemá esixiralles aos membros do clero procedentes de fóra da Unión Europea que teñan coñecementos de alemán para poder traballar no país.

Fonte: Deutsche Welle

Publícanse as persoas finalistas do Premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa

Acaban de darse a coñecer os nomes das persoas que integran a lista de finalistas dun dos máis importantes premios literarios en portugués, o Premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa. Son tres as nacionalidades das persoas seleccionadas: o Brasil, Portugal e Angola.

Fonte: Diário do Nordeste

Portugal e Luxemburgo figuran entre os países onde mellor se fala inglés

Segundo datos extraídos da enquisa English Proficiency Index 2019, Portugal e Luxemburgo están entre os países do mundo onde mellor se fala inglés. Os Países Baixos ocupan o primeiro lugar nesta clasificación.

Fonte: Contacto

Descualifican un filme nixeriano do galardón dos Óscar por estar maioritariamente en inglés

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos premios Óscar descualificou o filme nixeriano Lionheart da loita polo galardón á mellor película estranxeira por estar rodado maioritariamente en inglés.

Fonte: CNBC

Nace un novo programa de radio en lingua quechua no Perú e Arxentina

O Ministerio de Cultura do Perú anunciou que un novo programa de radio comezará a emitirse en lingua quechua en todo o Perú e nas provincias quechuafalantes de Arxentina.

Fonte: Sputnik

A secretaria xeral do Consello de Europa insta as autoridades públicas a protexer a lingua romaní

Con motivo do Día Mundial da Lingua Romaní, a secretaria xeral do Consello de Europa, Marija Pejčinović Burić, instou os estados membros da organización a protexer e promover o idioma do pobo xitano.

Fonte: Council of Europe

O Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa

Como cada 5 de novembro, o Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa que rende homenaxe á lingua de Camões e ao escritor Rui Barbosa.

Fonte: Diário do Litoral

Unha nova campaña do Goberno de Irlanda quere promover as novas tecnoloxías en gaélico irlandés

O ministro das Zonas de Fala Irlandesa ou Gaeltacht da República de Irlanda, Seán Kyne, anunciou unha campaña que garantirá que máis produtos e servizos de novas tecnoloxías estean dispoñibles en gaélico.

Fonte: Midwest Radio

Unha gran manifestación esixirá en París o ensino das linguas rexionais de Francia

Colectivos de profesorado procedentes de toda Francia manifestaranse en París o vindeiro 30 de novembro para demandar o ensino das linguas rexionais francesas.

Fonte: Jornalet

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder