Mundo
O Instituto Camões destina medio millón de euros a promover o ensino do portugués en Venezuela
O presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, informou de que a institución pública portuguesa destinou case medio millón de euros á promoción do portugués en Venezuela onde a demanda por aprendelo está a crecer en todos os ámbitos educativos.
Fonte: Diário de Notícias
A compañía aérea de Nova Zelandia responde os comentarios racistas dun cliente con palabras en maorí
A compañía aérea de Nova Zelandia, Air New Zealand, recibiu gabanzas polo uso de palabras en maorí como resposta aos comentarios racistas dun cliente.
Fonte: The Guardian
Un membro da Asemblea Lexislativa de Macau dubida da calidade do servizo de tradución e ensino do portugués
O conselleiro da Asemblea Lexislativa de Macau, José Pereira Coutinho, mostrou as súas reservas sobre a calidade do servizo de tradución e da docencia da lingua portuguesa en Macau.
Fonte: Mundo ao Minuto
Singapur quere introducir o ensino do coreano como lingua estranxeira nas escolas
Aproveitando a visita oficial a Corea do Sur, o primeiro ministro de Singapur, Lee Hsien Loong, anunciou que o goberno do seu país está interesado en introducir o ensino do coreano nas escolas públicas.
Fonte: The Straits Times
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal acolle con satisfacción a oficialización do Día Mundial da Lingua Portuguesa
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, cualificou a oficialización do Día Mundial da Lingua Portuguesa por parte da UNESCO como unha gran vitoria para todos os países lusófonos. O mandatario espera que esta efeméride traia consigo maior promoción da lingua e literatura en portugués.
Fonte: RTP Notícias
Comunidades indíxenas de Panamá queren salvagardar a súa riqueza lingüística
Representantes das comunidades indíxenas e do Goberno de Panamá reuníronse para aprobar medidas que axuden a protexer a riqueza lingüística das sete etnias do país.
Fonte: Prensa Latina
Un novo sistema de calefacción protexerá a biblia de William Morgan, obra capital da lingua galesa
A organización de patrimonio británica National Trust e investigadores da Universidade de Bangor e do Trinity College de Dublín están traballando na instalación dun novo sistema de calefacción alimentado con enerxía hidráulica na casa natal de William Morgan, autor da súa famosa biblia do século XVI, obra capital para a supervivencia da lingua galesa.
Fonte: The Guardian
A Unesco ratifica o 5 de maio como Día Mundial da Lingua Portuguesa

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) ratificou a decisión que proclama o 5 de maio como o Día Mundial da Lingua Portuguesa.
Fonte: Jornal Económico
Microsoft inclúe o maorí no seu sistema de tradución automática
O acordo de colaboración entre a empresa Microsoft e a Comisión da Lingua Maorí de Nova Zelandia permitirá que o sistema operativo inclúa a lingua nativa do país insular no seu sistema de tradución automática.
Fonte: Tech Crunch
Rexistran unha petición no Parlamento de Luxemburgo para converter o inglés en lingua administrativa do país
Centenas de persoas pediron publicamente no sitio do Parlamento do Gran Ducado de Luxemburgo que o inglés poida converterse en lingua administrativa do país.
Fonte: Contacto
Boletín
Subscríbase ao boletín