Mundo

Unha serie de HBO porá en cuestión aspectos de xénero e a lingua portuguesa

A nova serie de HBO América Latina Todxs Nós porá en cuestión diferentes aspectos de xénero e a mesma lingua portuguesa.  A comedia dramática, ambientada en São Paulo, durará oito episodios de trinta minutos cada un.

Fonte: Terra

A Universidade de Nova York acolle unha mesa redonda sobre as linguas minoritarias de España

Cristina Pato organizou unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias de España na que participaron representantes de Galicia, Cataluña e o País Vasco.

Fonte: Galicia Confidencial

Duolingo engade o gaélico escocés á súa lista de cursos en liña

A plataforma en liña de aprendizaxe de linguas engadiu o gaélico escocés á súa lista de cursos e en tan só unha semana máis de 20000 persoas xa se inscribiron para aprendelo.

Fonte: The Pie News

Un estudo revela que as linguas que falamos teñen unha influencia directa no noso nivel de atención

Un estudo científico con falantes de diferentes linguas revelou que o idioma ou idiomas que falamos poden ter unha influencia directa na atención que poñemos nas cousas e no movemento dos nosos ollos.

Fonte: Scientific American

The Washington Post lanza o seu primeiro podcast de noticias en español

Co fin de expandir a súa audiencia a persoas que falen linguas diferentes do inglés, o xornal estadounidense The Washington Post lanzou o seu primeiro podcast de noticias en lingua española.

Fonte: NiemanLab

Alemaña quere impor un exame de lingua alemá como requisito para acceder ás escolas

A ministra de Integración da República Federal de Alemaña, Annette Widmann-Mauz, presentou o último informe sobre integración no país e pediu accións concretas para a mellora da aprendizaxe da lingua alemá. Entre as medidas que se poderían desenvolver figura a introdución dun exame de alemán como requisito para acceder ás escolas.

Fonte: Deutsche Welle

Un proxecto pretende desenvolver un sistema de tradución asistida por computador entre as linguas nativas africanas e o inglés

O proxecto Masakhane pretende desenvolver un sistema de lingüística computacional capaz de crear unha ferramenta que traduza contidos electrónicos do inglés aos máis de 2000 idiomas nativos que se falan en África e viceversa.

Fonte: XATAKA

Os institutos de educación secundaria de lingua sueca están entre os mellores de Finlandia

Un estudo comparativo realizado en Finlandia revelou que os institutos de ensino secundario nos que o sueco é a lingua de instrución ocupan os postos superiores da clasificación. O dominio das linguas é un dos factores que explica esta vantaxe.

Fonte: YLE

Un filme gravado nunha lingua indíxena brasileira gaña o primeiro premio do Festival de Brasilia

O filme A Febre da directora brasileira Maya Da-Rin, gravado na súa maior parte en lingua tukana da Amazonia brasileira, gañou o premio á mellor película no Festival de Brasilia.

Fonte: Folha de São Paulo

Unha manifestación en París demanda políticas en defensa das linguas minorizadas de Francia

Centos de persoas manifestáronse nas rúas de París para demandar políticas que favorezan a promoción e o ensino das linguas minorizadas en Francia. A marcha foi convocada por un colectivo que aglutina moitas entidades de todas as rexións de Francia onde se falan linguas vernáculas diferentes do francés.

Fonte: Nationalia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder