Mundo

Un estudo prognostica a supervivencia da lingua galesa e a desaparición do maorí

Un estudo realizado por tres universidades de Nova Zelandia revelou que, tendo en conta os ritmos actuais de aprendizaxe, a lingua galesa sobrevivirá a longo prazo mentres que o maorí, lingua oficial e indíxena de Nova Zelandia, acabará desaparecendo.

Fonte: New Scientist

Un informe revela que a aprendizaxe das linguas estranxeiras debería ser obrigatoria no Reino Unido

Un informe elaborado polo Instituto de Políticas de Educación Superior do Reino Unido revelou que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira debería ser obrigatoria para o estudantado británico até aos 16 anos.

Fonte: The Guardian

Locutores da BBC critican a anglicanización da toponimia galesa

Un grupo de locutores da BBC entre os que se encontra Huw Edwards criticou a constante anglicanización que sofren os topónimos e nomes de vivendas no País de Gales.

Fonte: Nation Cymru

O Instituto Camões celebra o seu seminario anual sobre cooperación, cultura e lingua

O Camões – Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa celebra na Fundación Calouste Gulbenkian, en Lisboa, o seu Seminario anual sobre Cooperación, Cultura e Lingua que abordará os prognósticos sobre estes asuntos para o ano que comeza.

Fonte: Diário de Notícias

Un estudo pon de manifesto a diversidade lingüística dos fogares europeos

Un estudo realizado polo Pew Research Center demostra a diversidade lingüística europea ao revelar que en moitos países como Alemaña, Eslovaquia, España ou Bulgaria unha boa porcentaxe de fogares falan linguas diferentes aos idiomas nacionais.

Fonte: Pew Research Center

Unha investigación revela que estudar unha segunda lingua pode axudar as persoas con esclerose múltiple

Investigadores da Universidade de Innsbruck, Austria, revelaron nun estudo que aprender unha lingua estranxeira pode achegar melloras importantes para a calidade de vida das persoas que padecen esclerose múltiple.

Fonte: Multiple Sclerosis News Today

A ONU marca a fin do Ano Internacional das Linguas Indíxenas

Un acto institucional clausurou o Ano Internacional das Linguas Indíxenas da ONU co obxectivo claro de perserverar nos esforzos de promoción e revitalización dos idiomas autóctonos de todo o mundo.

Fonte: Noticias ONU

A Universidade do Miño ofrece novos cursos de linguas estranxeiras no primeiro semestre do ano

O BabeliUM, Centro de Linguas da Universidade do Miño, promove no primeiro semestre de 2020 cursos de formación de diversas linguas estranxeiras nos campus de Gualtar, en Braga, e Azurém, en Guimarães. Os cursos inclúen os idiomas: xaponés, coreano, árabe, ruso, alemán, español, galego, francés, inglés, italiano, lingua de signos portuguesa e portugués como lingua estranxeira (PLE).

Fonte: Freepass Guimarães

O alumnado de secundaria de Malta rexistra resultados pobres no exame de lingua maltesa

A influencia das redes sociais pode ter un impacto nos baixos resultados obtidos en lingua maltesa polo alumnado de secundaria no exame oficial da Educación Secundaria Obrigatoria de Malta.

Fonte: Times of Malta

O Instituto da Lingua Portuguesa ten contraída unha débeda de 600 mil euros

A institución da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) responsable da defensa e promoción da lingua portuguesa, o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, ten unha situación financeira grave por mor dunha débeda de 600 mil euros.

Fonte: Jornal de Notícias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder