Mundo

Francia permitirá finalmente inscribir nomes no rexistro civil que conteñan caracteres propios das linguas rexionais

O presidente da Asemblea Nacional de Francia, Richard Ferrand, anunciou que os rexistros civís de todo o país permitirán inscribir nomes e apelidos cos caracteres propios das linguas minorizadas de todo o estado.

Fonte: Jornalet

Inaugúrase en Roma a cátedra Vasco da Gama do Instituto Camões

O presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, desprazouse a Roma para inaugurar na Universidade Internacional de Roma a cátedra Vasco da Gama, a décimo terceira deste tipo en Italia.

Fonte: Embaixada de Portugal em Itália

Novos acordos permitirán revitalizar o ensino do portugués en Luxemburgo

Un acordo entre o ministro de Educación de Luxemburgo, Claude Meisch e a portuguesa Berta Nunes, secretaria de Estado das Comunidades Portuguesas, permitirá mellorar e revitalizar o ensino do portugués do alumnado de familias portuguesas en Luxemburgo.

Fonte: Contacto

Portugal volve aprobar a contratación de intérpretes de lingua de signos nos hospitais e centros de saúde

O Estado portugués aprobará de novo a contratación de 25 intérpretes de lingua de signos que traballarían en hospitais e centros de saúde de todo o país.

Fonte: Observador

O alumnado dunha escola escocesa publica un vídeo para que unha persoa que fale gaélico ocupe o posto de dirección

O alumnado da escola primaria Lochhaber, nas Terras Altas de Escocia, publicou un vídeo para animar unha persoa falante de gaélico escocés a presentarse ao posto para dirixir o centro.

Fonte: The Press and Journal

Unha columnista do xornal The Guardian afirma que a lingua galesa non vale para nada

Unha columnista galesa que vive en Londres, Zoe Williams, fixo uns comentarios nun artigo publicado no xornal The Guardian nos que afirmaba que aprender galés era unha actividade inútil. Ante a gravidade do comentario, as críticas non se deixaron esperar nas redes sociais.

Fonte: Nation Cymru

A Academia Romanesa das Ciencias condena as opinións que afirman que existe unha lingua moldova diferente da falada en Romanía

A Academia Romanesa das Ciencias criticou as declaracións do presidente da República Moldova, Igor Dodon, que afirmaban que o seu país tiña a súa propia lingua, o moldovo.

Fonte: Balkan Insight

O Instituto Camões apoia o ensino da lingua portuguesa en Santo Tomé e Príncipe

O presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, presentou o programa de apoio da lingua portuguesa no ensino público de Santo Tomé e Príncipe que contará cun orzamento de tres millóns de euros.

Fonte: A Bola

O Goberno italiano decreta o 25 de marzo como Día Nacional de Dante Alighieri

O Consello de ministros e ministras italiano aprobou unha proposta de lei para que o día 25 de marzo sexa constituído como Día Nacional de Dante Alighieri, poeta da Divina Comedia.

Fonte: La Repubblica

Rusia eximirá os cidadáns ucraínos e belarusos da proba de competencia en lingua rusa para lles conceder a nacionalidade

Rusia permitirá que os e as nacionais de Ucraína e Belarús poidan optar á nacionalidade rusa sen a obrigatoriedade de demostrar as súas competencias lingüísticas en ruso.

Fonte: BELSAT

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder