Mundo
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo reabrirá as súas portas no mes de xuño
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que for parcialmente destruído por un incendio vai reabrir as súas portas no mes de xuño. A reapertura contará con novidades entre as que se destaca o acceso directo desde a contigua Estación da Luz.
Fonte: Novo Dia
O mundo conmemora o Día Internacional da Lingua Materna

Como cada 21 de febreiro, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) conmemora en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna co fin de lembrar a responsabilidade de todas as persoas e Estados na promoción e protección do plurilingüismo e da diversidade lingüística e cultural. Este ano o tema escollido é "Linguas sen fronteiras".
Fonte: UNESCO
O Goberno de Hungría inviste na formación lingüística do seu alumnado de secundaria
O Goberno de Hungría destinará 180 millóns de euros á formación en linguas estranxeiras en diferentes países do mundo para estudantes de ensino secundario.
Fonte: The Pie
Unha campaña baseada na lingua e cultura gaélicas de Escocia quere atraer visitantes ás Hébridas Exteriores
Unha campaña do servizo de promoción turística das Hébridas Exteriores de Escocia recorre á valorización da lingua e cultura gaélicas como reclamo para atraer visitantes á zona.
Fonte: Scotsman
Lanzan un proxecto en todo Gales para mellorar o ensino da lingua galesa na primeira infancia

O colectivo de voluntariado lingüístico Mudiad Meithrin introduciu en todo o País de Gales o proxecto Croesi'r Bont (Cruzando a Ponte) para apoiar e fortalecer a adquisición da lingua galesa na primeira infancia.
Fonte: BBC
Florencia acollerá o Museo da Lingua Italiana
O primeiro ministro italiano Giuseppe Conte aproveitou a inauguración do ano académico do Ateneo de Florencia para declarar que a capital da Toscana albergará o futuro Museo da Lingua Italiana.
Fonte: Liberiamo
Finlandia fixa os estándares de subtitulación de contidos audiovisuais nas súas linguas oficiais
Finlandia acaba de fixar os estándares que garantirán a calidade da subtitulación dos contidos audiovisuais na televisión tanto en finés como en sueco, as dúas linguas oficiais do país nórdico.
Fonte: Slator
Un informe revela que algúns fineses de fala materna sueca prefiren falar inglés que finés
Un informe realizado por un comité de expertos de Finlandia revelou que algúns estudantes finlandeses que teñen como primeira lingua o sueco prefiren falar inglés que finés.
Fonte: YLE
A Cámara Municipal de Barrancos quere converter o barranqueño na terceira lingua oficial de Portugal
A Cámara Municipal da localidade portuguesa de Barrancos está a desenvolver un proxecto de investigación e valorización do barranqueño como lingua local. O proxecto conta co apoio da Universidade de Évora e a Universidade Complutense de Madrid e pretende en primeiro lugar crear unha gramática, un dicionario e unha grafía uniforme para poder ensinar a lingua nas escolas. O obxectivo final sería converter o barranqueño en terceira lingua oficial de Portugal.
Fonte: Rádio Pax
Unha proposta do partido Sinn Féin en Belfast introducirá o nome en gaélico das rúas e vías da cidade
Unha proposta do concelleiro da cidade norteirlandesa de Belfast, Séanna Walsh, podería normalizar o nome en gaélico irlandés das rúas e vías da cidade.
Fonte: The Irish News
Boletín
Subscríbase ao boletín