Mundo

As Nacións Unidas chaman nun informe a revisar as medidas que reducen o ensino en linguas oficiais distintas do español

O relator especial sobre as minorías da Oficina do Alto Comisionado de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, Fernand de Varennes, publicou un informe sobre a situación das linguas minorizadas en España no que propón que se revisen as medidas que impiden o pleno desenvolvemento do ensino nestes idiomas, entre os que cita o galego.

Fonte: Praza Pública

O presidente de Guinea Ecuatorial comprométese a crear unha escola de lingua portuguesa

Con motivo da visita do secretario da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Francisco Ribeiro Telles, a Guinea Ecuatorial, o presidente do país africano, Teodoro Obiang Ngumea Mbasogo, comprometeuse a financiar unha futura escola de lingua portuguesa con dúas sedes, unha na capital Malabo e outra en Bata.

Fonte: Público

O Goberno do estado brasileiro do Ceará quere implantar o ensino do alemán nas escolas de linguas

O Goberno do estado brasileiro do Ceará está considerando a introdución do ensino da lingua alemá nos Centros Cearenses de Idiomas, tal como confirmou a gobernadora do estado, Izolda Cela.

Fonte: Governo do Estado do Ceará

A Rexión Autónoma de Sardeña apoiará a promoción da lingua sarda

A Xunta da Rexión Autónoma de Sardeña, en Italia, destinará 875 mil euros aos concellos para que promovan a lingua sarda nos seus diferentes dialectos e incentiven a súa aprendizaxe.

Fonte: Sardegna Live

Revísase a tradución ao inglés da Constitución da República de Estonia

O boletín oficial da República de Estonia anunciou que se revisará a tradución ao inglés da súa Constitución e estará lista para o centenario da súa escritura que se celebrará en xuño.

Fonte: ERR

A Universidade de Vigo traballa nun estudo sobre a situación da lingua mirandesa

Un grupo de investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo está a realizar un estudo sobre a situación da lingua mirandesa, segundo idioma oficial de Portugal. Unha primeira achega do estudo revela que o ensino actual do mirandés nas escolas locais sería insuficiente para garantir a preservación do idioma.

Fonte: RTP

Un informe elaborado en China aborda o impacto do coronavirus nas empresas que ofrecen servizos lingüísticos

Un informe elaborado por varias institucións académicas chinesas aborda o impacto do coronavirus no sector das empresas de ámbito lingüístico e podería servir de pauta para outros países que están sufrindo agora o ataque desta enfermidade.

Fonte: Slator

Os dicionarios da Oxford University Press eliminan a linguaxe sexista de multitude de exemplos

A editorial inglesa Oxford University Press está a levar a cabo un ambicioso proxecto que permitiu eliminar xa a linguaxe sexista que aparecía en multitude de exemplos que acompañaban palabras contidas nos diferentes dicionarios.

Fonte: The Guardian

O filme coreano 'Parasitos' convértese na produción en fala estranxeira máis rendible da historia do Reino Unido

O filme coreano Parasitos do director Bong Joon Ho converteuse na longametraxe en fala estranxeira de maior beneficio económico en toda a historia do Reino Unido, tras superar A paixón de Cristo dirixida por Mel Gibson.

Fonte: Variety

Algunhas escolas do Xapón non teñen suficiente profesorado de xaponés

Algunhas escolas públicas do Xapón están tendo dificultades para dispor de profesorado de xaponés que se ocupe do ensino desta lingua a nenos e nenas procedentes de familias estranxeiras.

Fonte: The Japan Times

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder