Mundo
Falantes de mirandés apelan a poboación de Miranda do Douro a ficar na casa polo coronavirus
Un grupo de falantes de mirandés gravou un vídeo en mirandés en que se apela a poboación de Miranda do Douro a que fique na casa por mor do coronavirus.
Fonte: Sapo 24
A ONU celebra o Día Internacional da Lingua Francesa

Como cada 20 de marzo, as Nacións Unidas celebraron o Día da Lingua Francesa co fin de promover a riqueza deste idioma que se fala nos cinco continentes. A celebración cumpre 50 anos con esta edición.
Fonte: Ministère de la Culture
Unha nova tecnoloxía permitirá introducir anuncios sonoros en galés na maioría das estacións de tren de Gales
Unha nova tecnoloxía máis sofisticada permitirá que 171 das 222 estacións ferroviarias que existen no País de Gales teñan sistema de información por megafonía en lingua galesa.
Fonte: Rail Business UK
O presidente de Angola quere reforzar o ensino en lingua portuguesa
O presidente de Angola, Jõao Lourenço, recoñeceu que hai eivas no ensino da lingua portuguesa no país africano e apostou pola mellora deste por entender que é o vehículo de transmisión de coñecemento doutras disciplinas como as científicas.
Fonte: Jornal de Angola
Persoas exiliadas do Tíbet denuncian a substitución lingüística do tibetano polo chinés
Unha muller tibetana exiliada en Escocia pertence a un grupo de persoas que tiveron que abandonar a Rexión Autónoma do Tíbet, administrada por China, e agora denuncian medidas represoras do réxime chinés contra o seu pobo. Segundo palabras desta muller, a lingua tibetana está sendo substituída paulatinamente polo chinés mandarín, mesmo en zonas rurais.
Fonte: The Ferret
As escolas de linguas estranxeiras do condado de Devon sofren as consecuencias da crise do coronavirus
As escolas de linguas do condado inglés de Devon están sumidas nunha fonda crise pola perda de clientes a causa das restricións provocadas polo coronavirus.
Fonte: Devon Live
A Secretaría de Cultura de México normativiza a lingua indíxena tutunakú

A Secretaría de Cultura do Goberno de México, por medio do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, entregou a representantes do pobo orixinario tutunakú ou totonaco a norma de escritura e alfabeto oficiais da súa lingua nativa.
Fonte: Vértigo Político
Un estudo revela novos datos sobre a percepción dos acentos en linguas estranxeiras
Un grupo de investigadoras e investigadores das universidades de Malta e Múnic e da Academia Austríaca das Ciencias revela datos sobre a percepción de acentos alleos en falantes dunha lingua estranxeira e a dificultade que temos en producir acentos correctos cando falamos esa mesma lingua.
Fonte: Times of Malta
Un documental sobre a orixe galega da lingua portuguesa retransmitirase no Brasil
Despois de realizar unha residencia literaria en Galicia, o investigador brasileiro Henrique Komatsu presenta un documental sobre a orixe galega da lingua portuguesa que será retransmitido no Museo da Imaxe e Son de Campo Grande, no estado brasileiro de Mato Groso do Sur.
Fonte: Campo Grande News
O presidente de Ucraína proclama unha lei educativa con tres modelos de aprendizaxe da lingua oficial
O presidente de Ucraína, Volodymyr Zelenskyy, proclamou unha lei educativa que ofrece tres modelos para a aprendizaxe da lingua ucraína para as minorías que residen no país, incluída a rusa.
Fonte: Ukrainian News
Boletín
Subscríbase ao boletín