Mundo

A pandemia do coronoavirus está pondo en risco a subsistencia das linguas ameazadas

A pandemia do coronavirus e a situación de illamento social supón unha ameaza para moitas linguas ameazadas do mundo. Nas Illas Andaman, administradas pola India, só tres persoas falan unha variedade da familia de linguas andamanesas que podería desaparecer coa expansión do virus.

Fonte: Scientific American

A República de Irlanda cancela os cursos de verán de gaélico nas Gaeltacht

O Departamento de Cultura da República de Irlanda anunciou que os cursos de gaélico que se organizan cada verán nas Gaeltacht ou zonas de fala irlandesa non poderán ter lugar este ano por mor da crise sanitaria do Covid-19.

Fonte: Limerick Post

O príncipe do País de Gales emprega a lingua galesa de xeito simbólico na inauguración dun hospital de campaña en Cardiff

O príncipe do País de Gales emprega a lingua galesa de xeito simbólico na inauguración do hospital de campaña Ysbyty Calon y Ddraig en Cardiff.

Fonte: People

Bulgaria advírtelle a Macedonia do Norte que debe abandonar as súas reivindicacións sobre a lingua macedonia

A República de Bulgaria advertiulle a Macedonia do Norte que se quere ingresar na Unión Europea debe abandonar as súas reivindicacións sobre a existencia dunha comunidade de lingua macedonia no sur de Bulgaria.

Fonte: Greek City Times

Nace un novo medio audiovisual en lingua occitana

A Hum é un novo medio audiovisual en lingua occitana que naceu co obxectivo de difundir a cultura da rexión francesa de Gascuña.

Fonte: Jornalet

O Instituto Confucio da Universidade do Porto ofrece un curso gratuíto de chinés

O Instituto Confucio da Universidade do Porto iniciou un curso gratuíto en liña de chinés que se impartirá todos os venres até o día 8 de maio.

Fonte: Esquerda

Medra a preocupación en familias anglófonas galesas que envían os seus fillos a escolas de inmersión en galés

Medra a preocupación entre proxenitores anglófonos de todo o País de Gales porque non poden axudar os seus fillos e fillas que están escolarizados en centros de inmersión en galés durante a corentena decretada por mor do coronavirus.

Fonte: BBC

O teclado virtual SwiftKey incorpora a lingua mapuche

A versión 7.5.1.7 do teclado virtual SwiftKey permite a utilización de varios idiomas falados en América do Sur, entre os que se inclúe o mapuche ou mapudungún.

Fonte: Pisapapeles

A linguaxe inclusiva gaña peso na Arxentina

O movemento para conseguir que a gramática da lingua española adopte termos máis inclusivos está gañando unha ampla adhesión na Arxentina, mesmo en boca do seu presidente Alberto Fernández que empregou o termo neutro "arxentines" para dirixirse a toda a cidadanía por mor da crise do coronavirus.

Fonte: The New York Times

A capital de Estonia comezará a emitir un parte de noticias en lingua rusa

Talín, a capital de Estonia, comezará a emitir na canle de televisión PBK un parte de noticias en lingua rusa co fin de que a poboación de orixe rusa poida seguir os acontecementos da crise sanitaria do Covid-19.

Fonte: ERR

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder