Mundo

A Autoridade Educativa de Irlanda do Norte exclúe o irlandés dos materiais a distancia

A Autoridade Educativa de Irlanda do Norte, responsable da provisión educativa deste territorio do Reino Unido, excluíu o gaélico irlandés dos recursos do ensino a distancia.

Fonte: BBC

O primeiro ministro do Canadá recoñece que se incumpriu a obriga de ofrecer información nas dúas linguas oficiais durante a crise do coronavirus

O primeiro ministro do Canada, Justin Trudeau, recoñeceu que a situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus foi en detrimento do francés xa que o executivo canadense autorizou a etiquetaxe exclusivamente en inglés durante a pandemia. 

Fonte: The Guardian

 

Increméntase o consumo de contidos audiovisuais en galés na canle de televisión S4C

As cifras de audiencia da canle de televisión en lingua galesa S4C incrementáronse coa crise sanitaria provocada polo coronovirus.

Fonte: Nation Cymru

Unha iniciativa nos EUA permite traballar a falantes nativos de español como instrutores lingüísticos

Unha iniciativa dunha organización sen ánimo de lucro de Palo Alto (EUA) permite a persoas nativas de español converterse en instrutores lingüísticos durante a crise sanitaria do Covid-19.

Fonte: The Almanac

A Cámara Municipal de Óbidos crea un premio de literatura escrita en portugués

A Cámara Municipal de Óbidos, Portugal, creou en colaboración coa Cámara de Comercio Portugal-Mozambique o Premio Literario Lusófono que busca promover a produción de obras escritas en portugués e o traballo de novos talentos da escrita lusófona.

Fonte: Região de Leiria 

Adíase a entrega do Premio Camões a Chico Buarque por mor do coronavirus

A crise sanitaria provocada polo coronavirus obrigou as autoridades portuguesas a adiar a cerimonia de entrega do Premio Camões que fora concedido o ano pasado ao cantante brasileiro Chico Buarque.

Fonte: Mundo Lusíada

O Servizo Nacional de Saúde de Portugal crea unha plataforma de atención en lingua de signos

O Servizo Nacional de Saúde de Portugal puxo á disposición das persoas que o precisen no seu sitio web un novo sistema de atención por videochamada en lingua de signos. Trátase dun servizo de 24 horas onde traballarán sete intérpretes de lingua de signos portuguesa.

Fonte: A Verdade

Eslovenia celebra a literatura catalá con motivo do Día Mundial do Libro

A Asociación de Escritoras e Escritores Eslovenos (DSP, polas súas siglas en esloveno) promoverá a literatura contemporánea catalá con motivo do Día Mundial do Libro.

Fonte: STA

A Unesco celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

Como cada 23 de abril, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e anima a todas as persoas a combater coa lectura o illamento do coronavirus.

Fonte: UNESCO

O presidente de Cabo Verde defende a relevancia de África e o Brasil no futuro da lingua portuguesa

Coa visión posta no próximo 5 de maio, Día Mundial da Lingua Portuguesa, o presidente de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, defendeu que o futuro do portugués está en África e no Brasil e na presenza desta lingua nos organismos internacionais.

Fonte: Notícias ao Minuto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder