Mundo

Paraguai recoñece a lingua de signos como primeira lingua das persoas xordas

O Goberno de Paraguai recoñeceu oficialmente a lingua de signos paraguaia como primeira lingua das persoas xordas co fin de que estas poidan participar de maneira plena e efectiva na sociedade.

Fonte: La Nación

A lingua gaélica entra na negociación para formar goberno na República de Irlanda

O futuro do gaélico e a creación de centros de formación desta lingua por todo o país entran na negociación para formalizar un goberno de coalición en Irlanda entre tres partidos políticos: os Verdes, Fine Gael e Fianna Fáil.

Fonte: Irish Examiner

O Parlamento de Portugal aproba a contratación de intérpretes de lingua de signos para o sistema público de saúde

O Parlamento de Portugal aprobou unha resolución que recomenda a contratación de máis intérpretes de lingua de signos para o Servizo Nacional de Saúde. A medida contou co apoio de case todas as forzas políticas.

Fonte: Notícias ao Minuto

Unha iniciativa no sur de Exipto tenta salvar a lingua nubia da desaparición

A comunidade nubia do sur de Exipto embarcouse nunha iniciativa titulada "Komma Waidi" ("Contos de antano", en nubio) coa que se pretende documentar historias contadas en nubio para salvar esta lingua da desaparición.

Fonte: National Geographic

Estonia presenta a súa nova estratexia de política exterior centrada na preservación da lingua e cultura estonianas

A nova estratexia de política exterior de Estonia ten como principal obxectivo a salvagarda e preservación do pobo estoniano e da súa lingua e cultura.

Fonte: Estonian World

O Goberno do País de Gales defende que o dominio do galés achegue puntos no novo sistema de inmigración do Reino Unido

O Goberno de Gales, representado polo comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, lamentou que a nova lei de inmigración por puntos do Reino Unido non valore o dominio do galés do mesmo xeito que o fai co inglés, considerado o único idioma nacional.

Fonte: BBC

O Instituto Politécnico de Macau difunde a versión en liña da primeira revista académica en portugués de Asia

O Instituto Politécnico de Macau (IPM, polas súas siglas en portugués) lanzou a versión en liña da primeira revista académica escrita en portugués en Asia.

Fonte: Notícias ao Minuto

Un xornal en liña espalla prexuízos sobre a lingua galesa

A compañía de noticias en liña BuzzFeed está sendo albo de numerosas críticas en diferentes medios ao publicar un xogo que ridiculiza o galés e incide en vellos prexuízos cara a esta lingua.

Fonte: Powys County Times

O Instituto Camões abre o período de inscrición nos cursos de portugués no estranxeiro para o próximo ano lectivo

O Instituto Camões, por medio da Rede de Ensino do Portugués no Estranxeiro (EPE), abriu o prazo de inscrición nos cursos de lingua e cultura portuguesas para o próximo ano lectivo.

Fonte: Bom Dia 

Un podcast portugués entrevista o presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL)

O podcast P24 do xornal portugués Público recolle unha entrevista a Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) sobre a situación da lingua galega, a lusofonía e a homenaxe a Carvalho Calero no Día das Letras Galegas.

Fonte: Público 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder