Mundo

Abre en Gales unha nova escola infantil de inmersión en galés

A localidade galesa de Trefeglwys, no condado de Powys, albergará unha nova escola infantil de inmersión en lingua galesa.

Fonte: County Times

O Canadá quere mellorar as relacións con Angola aproveitando a lingua portuguesa

O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, defendeu nunha conversa co presidente de Angola, João Lourenço, a mellora nas relacións entre os dous países aproveitando o uso da lingua portuguesa.

Fonte: Angonotícias

O uso do portugués suscita un altercado no Parlamento de Timor Leste

Dúas deputadas do Parlamento de Timor Leste protagonizaron unha disputa verbal e física cando unha delas decidiu facer uso da lingua portuguesa no debate parlamentario.

Fonte: RTP Notícias

A Feira do Libro do Porto deste verán porá énfase na lingua portuguesa

A Feira do Libro do Porto deste ano, que terá lugar nos xardíns do Palacio de Cristal, porá énfase na lingua portuguesa e na aprendizaxe da pandemia da covid-19.

Fonte: Público

A cidadanía de Singapur defende que o inglés sexa a lingua de uso público principal

Un centro de estudos de Singapur levou a cabo un estudo que revela que a cidadanía singapuriana defende que o inglés sexa a lingua principal de uso público.

Fonte: The Straits Times

Lanzan un concurso de lingua portuguesa e cultura brasileira no Reino Unido

A Embaixada do Brasil en Londres e o King's College presentaron o Concurso de Lingua Portuguesa e Cultura Brasileira en homenaxe ao centenario do nacemento da escritora Clarice Lispector.

Fonte: Zarllor

Aumenta o interese por aprender a lingua galesa durante o confinamento da covid-19

O interese por aprender galés incrementouse sorprendentemente durante a crise sanitaria da covid-19. Nas primeiras dúas semanas de confinamento, máis de 8000 persoas optaron por se inscribir nos cursos gratuítos en liña do Centro Nacional de Aprendizaxe da Lingua Galesa. O interese foi tanto que o centro tivo dificultades para atopar profesorado para todos os cursos.

Fonte: BBC

Un programa promove o intercambio entre estudantes e persoas do ámbito da ciencia en portugués

Dous científicos portugueses iniciaron en Alemaña o proxecto "Cartas com Ciência" que busca incentivar o intercambio de cartas sobre asuntos relacionados coa ciencia en portugués. O programa desenvolverase inicialmente en Portugal e Mozambique mais o obxectivo é que se espalle por todos os países de lingua oficial portuguesa.

Fonte: RFI

A información na lingua indíxena convértese nun factor primordial para evitar a difusión do coronavirus en México

Unha estudante de enfermaría dun municipio de Chiapas (México) traduce ao chol, a lingua indíxena local, as recomendacións sanitarias para evitar a difusión da covid-19 e mantén a súa comunidade libre de virus.

Fonte: ONU

 

Intérpretes de conferencia de toda Europa únense para reclamar medidas por parte da Comisión Europea

Despois de perder os seus traballos pola falta de actividade durante a pandemia da covid-19, un grupo de intérpretes de conferencia que traballa para a Comisión Europea únese para demandar solucións.

Fonte: Deutsche Welle

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder