Mundo
Demandan unha maior defensa da lingua portuguesa en Macau

O único deputado portugués na Asemblea Lexislativa de Macau pediu ao líder do parlamento da Rexión Administrativa Especial de Macau que aposte pola defensa da lingua portuguesa para garantir o papel de 'ponte' entre a China e os países lusófonos.
Fonte: Observador
O Goberno de Portugal recorrerá ao alugueiro de espazos para garantir o ensino do portugués no estranxeiro
A Secretaría de Estado das Comunidades Portuguesas no Estranxeiro admitiu que, dada a nova situación causada pola crise da covid19, o Goberno de Portugal pode ter que recorrer ao alugueiro de espazos para poder garantir o ensino da lingua portuguesa no estranxeiro.
Fonte: Visão
Un acordo asinado en Iparralde permitirá destinar case 2 millóns de euros á promoción do éuscaro
Un acordo asinado en Baiona (País Vasco francés) entre a Oficina Pública da Lingua Vasca e o Goberno de Euskadi permitirá destinar case 2 millóns de euros a actividades e iniciativas de promoción do éuscaro.
Fonte: Sudouest
O municipio portugués de Oeiras crea un premio de poesía en lingua portuguesa
O municipio portugués de Oeiras anunciou a creación dun premio de poesía en portugués destinado a persoas que residan na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Observador
Un acordo permitirá a creación dunha Academia da Lingua Árabe
Un acordo asinado entre o Ministerio de Educación dos Emiratos Árabes Unidos e a Universidade Mohammed V permitirá a creación dunha Academia da Lingua Árabe que promoverá o ensino e a aprendizaxe do árabe en Abu Dhabi.
Fonte: Khaleej Times
A cidade portuguesa de Castelo Branco lanza o Premio Internacional de Poesía António Salvado
O municipio portugués de Castelo Branco deu inicio á segunda edición do Premio Internacional de Poesía António Salvado que distingue o labor de poetas que escriben en portugués e español.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Tribunal Supremo do Canadá sentencia que Columbia Británica incumpriu o seu deber na promoción do ensino en francés
O Tribunal Supremo do Canadá ditaminou que o Goberno de Columbia Británica, unha das dez provincias do país, incumpriu a súa responsabilidade á hora de promover o ensino en francés ao non dar suficientes fondos públicos ao comité escolar en lingua francesa.
Fonte: Language Magazine
Unha estratexia potenciará o estudo das linguas modernas no Reino Unido

Un grupo de entidades entre as que se inclúen o British Council e Universities UK, entre outras, elaborou unha estratexia que se enviará ao Goberno do Reino Unido para que fomente e estimule a aprendizaxe das linguas modernas, factor que pode ser determinante para a recuperación do país tras a pandemia da covid-19.
Fonte: The Big Issue
Un informe advirte da necesidade de incrementar o ensino de inmersión en gaélico irlandés
Un informe elaborado polo Consello de Europa advirte que Irlanda debería incrementar o ensino de inmersión en gaélico irlandés e a contratación e formación de máis profesorado capaz de impartir materias nesta lingua.
Fonte: BBC
A Asociación de Lingua e Cultura Mirandesas ofrece un curso en liña de mirandés
Un total de 40 alumnos e alumnas de diferentes continentes comezaron o curso en liña de mirandés impartido pola Asociación de Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM).
Fonte: RTP Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín