Mundo
A música convértese na mellor maneira de promover a lingua quechua no Perú
Un bo número de artistas do Perú está a adoptar a lingua quechua nas súas cancións e isto convértese nun xeito de loitar contra a súa relegación na sociedade peruana.
Fonte: El País
Irán sentencia unha profesora de lingua kurda a dez anos de cárcere
Organismos en prol dos dereitos humanos informaron de que Irán condenou unha profesora kurda, Zahra Mohammadi, de 28 anos de idade, a dez anos de cárcere. Segundo estes grupos, a sentenza baséase exclusivamente na súa actividade de promoción da lingua kurda.
Fonte: Nationalia
A Rede Europea para a Igualdade das Linguas trasládalle á ONU o seu malestar ante as resolucións da xustiza española que afectan as linguas minorizadas

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) trasladou ao Consello dos Dereitos Humanos da ONU as súas críticas ás recentes resolucións da xustiza española en contra das linguas minorizadas. A ELEN está integrada por entidades das linguas minorizadas do Estado español como a Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: ELEN
Nace unha nova revista en portugués en Suíza
Un proxecto de colaboración entre as universidades suízas de Xenebra e Zürich permitiu o nacemento da revista en liña Língua-lugar, que xorde co fin de divulgar a identidade portuguesa no país helvético.
Fonte: Jornal de Notícias
Un encontro en Lisboa debaterá estratexias para o ensino do portugués en tempos de emerxencia sanitaria
Un encontro da Rede de Ensino Portugués no Estranxeiro (EPE, polas súas siglas en portugués) terá lugar na Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa para compartir estratexias sobre o ensino do portugués no novo contexto causado pola emerxencia sanitaria.
Fonte: Público
Noruega endurece os requisitos lingüísticos para obter a nacionalidade
O Parlamento de Noruega ratificou a proposta presentada polo Goberno para ampliar os requisitos de dominio da lingua norueguesa para poder optar á nacionalidade.
Fonte: News in English
Un estudante universitario de Cardiff acuña neoloxismos do ámbito científico en galés
Bedwyr Ab Ion Thomas, estudante da Universidade de Cardiff, creou un pequeno dicionario de neoloxismos médicos en galés co que espera facer unha contribución ao ámbito científico en lingua galesa.
Fonte: BBC
Unha canle de televisión do Canadá ofrecerá contido en todas as variedades das linguas inuit
A corporación Inuit TV Network ofrecerá contidos televisivos no norte do Canadá nas diferentes variedades das linguas inuit. Esta iniciativa permitirá manter a unión cultural e lingüística entre as diferentes zonas do pobo inuit.
Fonte: Rcinet
Entra en vigor en Letonia a lei que reduce as horas de emisión en lingua rusa
Acaba de entrar en vigor en Letonia a polémica medida aprobada previamente no parlamento que obriga as emisoras locais de televisión a reducir drasticamente as súas emisións en lingua rusa.
Fonte: La Vanguardia
Preséntase unha proposta no Congreso da Arxentina para oficializar as linguas indíxenas
A senadora Silvina García Larraburu presentou un proxecto de lei no Congreso da Nación Arxentina para que se oficialicen todas as linguas dos pobos indíxenas do país.
Fonte: Anbariloche
Boletín
Subscríbase ao boletín