Mundo
Unha proposta podería permitir que as minorías lingüísticas da República Checa oficien casamentos na súa propia lingua
Unha proposta do partido dos Demócratas Cristiáns da República Checa permitiría recuperar unha lei de 2015 pola que as minorías lingüísticas poderían casar na súa propia lingua.
Fonte: Brno Daily
O tamazight non figura no novo DNI creado polo Goberno de Marrocos
O novo documento de identidade aprobado por Marrocos exclúe a lingua tamazight ou bérber a pesar de que é idioma oficial desde 2011.
Fonte: Nationalia
A crise da covid-19 agrava a delicada situación do último xornal escrito en lingua xaponesa no Brasil
A crise provocada pola covid-19 podería significar o peche do xornal Nikkey Shimbun, único diario de lingua xaponesa no Brasil que fora fundado por inmigrantes xaponeses.
Fonte: The Mainichi
O Consulado do Brasil en Nova York busca un profesor de lingua portuguesa

O Consulado Xeral do Brasil en Nova York abriu o proceso selectivo para a contratación dun profesor de portugués a tempo parcial que fará tamén labores de promoción lingüística.
Fonte: Brazilian Times
Activistas demandan que a China apoie a inmersión en mongol nas escolas da Rexión Autónoma de Mongolia Interior
Un grupo de pais e nais e outros activistas lanzaron unha petición para reclamar que a China permita o ensino en mongol nas escolas da Rexión Autónoma de Mongolia Interior.
Fonte: Radio Free Asia
Unha entidade local de Gales crea un dicionario de termos sobre a covid-19 en lingua galesa
A autoridade local de Ceredigion, no centro do País de Gales, elaborou un dicionario de termos sobre a covid-19 para axudar os falantes de galés a empregar con propiedade os novos vocábulos relacionados coa pandemia.
Fonte: The Guardian
Un documental en gaélico relata a historia dun espía nazi que aprendeu a lingua vernácula
Un documental da BBC2 realizado en gaélico relata a historia do espía nazi Ludwig Mühlhausen que viaxou á gaeltacht (zona de fala gaélica) de Donegal para aprender a lingua vernácula.
Fonte: Intallaght
Solicítalle ao Goberno de Alemaña que traduza contidos ao kurdo da aplicación sobre a covid-19
A comunidade kurda de Alemaña sente discriminación pola falta de contidos en kurdo na aplicación sobre a covid-19 creada polo Goberno alemán para informar sobre a situación da pandemia.
Fonte: RUDAW
A universidade saudita de Xida impartirá lingua chinesa
A Universidade de Xida, en Arabia Saudita, impartirá a lingua chinesa no próximo ano lectivo. Isto convértea na primeira institución académica que inclúe esta lingua no seu currículo.
Fonte: Gulf News
Unha rexión de Chile investirá na promoción da lingua mapuche
A Corporación Nacional do Desenvolvemento Indíxena (Conadi) na rexión da Araucanía (Chile) anunciou un investimento de 412 millóns de pesos para realizar obradoiros en liña de mapuche e protexer os valores culturais deste e outros pobos indíxenas.
Fonte: Cooperativa
Boletín
Subscríbase ao boletín