Mundo
Sométese a revisión o programa de formación lingüística para inmigrantes de Australia
O Ministro de Inmigración de Australia, Alan Tudge, anunciou que o programa de formación lingüística en inglés para persoas inmigrantes e refuxiadas deberá revisarse xa que non está tendo os resultados esperados.
Fonte: The Guardian
O alcance da pandemia da covid-19 obriga o Xapón a empregar a lingua de signos nas sesións informativas
Co fin de evitar a expansión da covid-19 e ofrecer información a toda a cidadanía xaponesa, as entidades rexionais e locais do Xapón (prefecturas e cidades, entre outras) deberán empregar intérpretes de lingua de signos nas sesións informativas sobre a pandemia.
Fonte: The Mainichi
Lanzan unha aplicación para traducir idiomas indíxenas de Guatemala
A Fundación Tecnolóxica para o Desenvolvemento de Guatemala (FUNTEDEGU) desenvolveu unha aplicación que permite traducir dos idiomas kaqchikel e k’iché’ ao español. A ferramenta irá incorporando sucesivamente máis linguas das comunidades indíxenas guatemaltecas.
Fonte: Huawebtenango
Un total de 15 autores portugueses aspira a recibir o Premio Océanos de Literatura
Quince escritores portugueses están entre os 54 semifinalistas seleccionados para o Premio Océanos de Literatura, que distingue as mellores obras publicadas en lingua portuguesa.
Fonte: Público
A Secretaría de Cultura de México lanza un concurso de relatos en linguas indíxenas
A Secretaría de Cultura de México, en colaboración coa Coordinación Nacional de Bolsas, lanzou o proxecto de relatos "DíaNoche, relatos que se muerden la cola" co obxectivo de promover a escrita nas linguas indíxenas do país americano.
Fonte: Estación Pacífico
Un proxecto audiovisual aspira a revitalizar as linguas indíxenas do Perú
O proxecto audiovisual dos Dicionarios Audiovisuais Comunitarios (DAC) busca dar a coñecer palabras e expresións en linguas indíxenas do Perú para fomentar e promover o seu uso.
Fonte: TeleSURHD
A lingua sarda escoitarase na radio e televisión públicas italianas

O Consello de Ministros de Italia e a RAI (Radio Televisión Italiana) aprobaron un proxecto que permitirá que a canle pública emita programación en lingua sarda.
Fonte: ANSA
O Goberno da cidade de Taipei quere implementar o bilingüismo nas escolas
O Goberno da cidade taiwanesa de Taipei está implementando un programa de ensino bilingüe nas escolas públicas. A idea é que o inglés poida converterse nun idioma de uso diario na cidade para o ano 2030.
Fonte: Taipei Times
O Salvador quere oficializar a lingua de signos
O Goberno do Salvador está estudando incluír na Constitución da República a lingua de signos como idioma oficial das persoas xordas.
Fonte: Asamblea Legislativa
Un mozo de 15 anos lanza un proxecto para visibilizar e difundir a lingua de signos portuguesa
Un rapaz portugués de 15 anos, António Coito, decidiu lanzar o proxecto "Língua Gestual Portuguesa para todos" co que pretende que a lingua de signos sexa máis accesible para todas as persoas.
Fonte: Correio do Ribatejo
Boletín
Subscríbase ao boletín