Mundo
Unha iniciativa da ONU traduce mensaxes sobre a covid-19 a linguas indíxenas de Costa Rica
A campaña "Territorios Unidos" da Organización das Nacións Unidas (ONU) permite traducir ás linguas nativas de Costa Rica mensaxes e advertencias sanitarias sobre a covid-19 co obxectivo de evitar o contaxio nas comunidades indíxenas.
Fonte: Noticias ONU
O estado indio de Jammu e Caxemira terá agora cinco linguas oficiais
O Goberno da India arrebatou ao urdú a condición de única lingua oficial do estado de Jammu e Caxemira. Catro linguas máis serán agora oficiais: o caxemirés, o dogri e o hindi, ademais do inglés.
Fonte: La Vanguardia
En catro anos triplícase a demanda por aprender a lingua de signos na Arxentina
Entre 2016 e a actualidade, a demanda por aprender a lingua de signos na Arxentina medrou un 236 %. Os docentes e o persoal da saúde son os máis interesados en aprendela.
Fonte: Clarín
A Comisión Europea lanza o concurso Juvenes Translatores para alumnado de secundaria

A Comisión Europea anunciou o lanzamento do seu concurso anual de tradución para estudantes de ensino secundario de toda Europa, Juvenes Translatores. Todas as escolas dos países da UE poderán inscribirse para participar.
Fonte: European Commission
Un importante dicionario en liña eliminará a lingua ofensiva das súas definicións
O dicionario de inglés en liña Dictionary.com actualizará máis de 15000 entradas para eliminar a lingua de contido racista ou discriminatorio. O obxectivo é concienciar as persoas sobre a necesidade de usar unha linguaxe máis libre de prexuízos.
Fonte: The Guardian
Farmacéuticos europeos piden que se relaxen as medidas lingüísticas para distribuír a futura vacina da covid-19
Un grupo de farmacéuticos e farmacéuticas solicitou á Unión Europea que non sexa necesario publicar a información sobre a vacina da covid-19 en 24 linguas co fin de garantir a súa rápida distribución.
Fonte: Livemint
Reabren as escolas de lingua francesa do Quebec
As escolas de lingua francesa do Quebec reabren aplicando as medidas de seguridade para lidar coa expansión do virus da covid-19. O presidente quebequés apoia a medida por ser positiva para o benestar emocional do alumnado.
Fonte: CHCH
Unha nova lei podería pór en risco o ensino do mongol como lingua de instrución na rexión chinesa de Mongolia Interior
Unha nova lei que obriga a substituír o mongol como lingua de instrución polo chinés levantou importantes protestas nas escolas da rexión autónoma de Mongolia Interior.
Fonte: New York Times
Os efectos da pandemia da covid-19 poderían pór as linguas indíxenas brasileiras ao bordo da extinción
Representantes das comunidades indíxenas do Brasil advertiron que se non se fai nada para deter a expansión da pandemia da covid-19, a enfermidade podería acabar coa vida de falantes vellos e pór as súas linguas ao bordo da desaparición.
Fonte: BBC Brasil
Celébrase en liña o Día Internacional da Lingua Romanesa
Os Institutos Culturais Romaneses de todo o mundo ofrecerán eventos en liña para celebrar o Día Internacional da Lingua Romanesa.
Fonte: Romania Insider
Boletín
Subscríbase ao boletín