Mundo
Euronews comezará a emitir en lingua xeorxiana
Euronews incorpora o uso da lingua xeorxiana ás emisións da súa canle local en Xeorxia e comezará a emitir 24 horas neste idioma.
Fonte: Euronews
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí que pretende exaltar a cultura, as tradicións e a lingua indíxena do país insular.
Fonte: Diário do Turismo
O novo ano académico trae consigo un aumento da oferta lectiva de portugués en Luxemburgo

A Coordinadora do Ensino do Portugués en Luxemburgo informou de que o novo ano académico arranca cun incremento da docencia de lingua portuguesa no país. Os cursos de lingua portuguesa abranguen desde a etapa preescolar ao ensino de portugués para persoas estranxeiras.
Fonte: Wort
Continúan as protestas polas políticas restritivas para a lingua mongol na rexión de Mongolia Interior
As políticas comandadas polo goberno chinés para restrinxir a docencia en lingua mongol nas escolas de Mongolia Interior seguen a provocar mobilizacións en moitos lugares. A pesar das presións recibidas, moitas familias decidiron en sinal de protesta non levar as súas crianzas á escola.
Fonte: NPR
A Universidade Federal Fluminense organiza un debate sobre as relacións lingüísticas no ámbito da lusofonía

O Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Fluminense (UFF) organizou a mesa redonda en liña "Galego-Portugês-Brasileiro. Relações históricas" na que participaron tres lingüistas, entre eles o galego Henrique Monteagudo da Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Presentan unha proposta para oficializar o nome maorí de Nova Zelandia
O Partido Maorí de Nova Zelandia presentou unha proposta para rebautizar o país co nome indíxena Aotearoa co fin de visibilizar a lingua maorí na vida pública.
Fonte: Notimérica
A libraría de lingua portuguesa máis antiga de Alemaña fai 40 anos
O Centro do Libro de Lingua Portuguesa de Frankfurt, a libraría portuguesa máis antiga de Alemaña, fixo agora 40 anos.
Fonte: Observador
A Universidade de São Paulo oferta cursos gratuítos de lingua e cultura catalás
A Universidade de São Paulo inclúe na oferta de formación continuada dous cursos gratuítos de lingua e cultura catalás en réxime non presencial.
Fonte: Aqui Catalunha
O Centro de Linguas da Universidade do Miño oferta cursos de 11 idiomas en dous lugares diferentes
O Centro de Linguas da Universidade do Miño ofertará este semestre cursos en once idiomas, entre eles o galego. Os cursos serán impartidos entre os campus de Gualtar (Braga) e Azurém (Guimarães).
Fonte: Braga TV
Unha enquisa revela que a lingua ucraína é un elemento primordial para a identidade do país
Unha enquisa realizada en Ucraína pola fundación Ilko Kucheriv revelou que a maioría das persoas enquisadas considera a lingua ucraína como un elemento primordial que garante a independencia do país.
Fonte: UNIAN
Boletín
Subscríbase ao boletín