Mundo

Preséntanse dous dicionarios en liña de lingua occitana

O Congreso Permanente da Lingua Occitana (CPLO) presentou dous novos traballos lexicográficos en lingua occitana: un dicionario de nomes propios e un dicionario de xentilicios.

Fonte: Jornalet

O Brasil e Portugal únense para crear un club de lectura en lingua portuguesa na ONU

O Brasil e Portugal uníronse para lanzar o proxecto Club de Lectura en Lingua Portuguesa que forma parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.

Fonte: JovemPan

O Consello de Europa recoméndalle a Eslovenia que recoñeza tres minorías lingüísticas dentro do seu territorio

O Consello de Europa recomendoulle a Eslovenia que recoñeza o croata, o alemán e o serbio como linguas minoritarias faladas dentro da súa xurisdición.

Fonte: Croatia Week

A investigación sobre a suposta descuberta de vida en Venus está publicada en lingua portuguesa

Unha parte fundamental da investigación que se está a realizar sobre a posible existencia de vida no planeta Venus está publicada en lingua portuguesa. A investigadora responsable deste estudo é unha rapaza portuguesa, Clara Sousa-Silva, de 33 anos de idade.

Fonte: Hypeness

Porto Rico oficializa o español como primeira lingua en todo o estado asociado

O Senado do Estado Libre Asociado de Porto Rico converteu o español en primeira lingua oficial por diante do inglés. A medida foi aprobada con 15 votos a favor e 11 en contra.

Fonte: Cope

Lanzan unha campaña en Whatsapp para promover a aprendizaxe da lingua francesa en todo o mundo

O Instituto Francés iniciou unha campaña mundial a través dun número de Whatsapp para promover a aprendizaxe da lingua francesa entre a mocidade de todo o mundo.

Fonte: L'Orient Le Jour

 

Europa celebra o Día Europeo das Linguas

Como cada 26 de setembro desde 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente, impulsar entre a poboación a aprendizaxe de idiomas e valorar a diversidade cultural de Europa.

Fonte: Council of Europe

Solicitan clases gratuítas de galés para persoas refuxiadas

A asociación de apoio á lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg pediu ao Goberno do País de Gales que oferte clases de lingua galesa en liña e de balde para persoas refuxiadas e solicitantes de asilo.

Fonte: Nation Cymru

Demandan medidas para paliar o impacto que o incremento da demanda de aloxamentos vacacionais pode ter na lingua galesa

A cidadanía do condado de Gwynedd, no País de Gales, demanda ao Goberno de Gales que tome medidas para paliar o impacto que o incremento da especulación inmobiliaria por mor da crise da covid-19 está tendo para a supervivencia da lingua galesa nas comunidades locais.

Fonte: Nation Cymru

O estado de California necesita ofrecer servizos de tradución para garantir o dereito ao voto de todo o electorado

Milleiros de persoas de California que non teñen o inglés como primeira lingua van precisar servizos de tradución para garantir o seu pleno dereito ao voto nas eleccións de novembro.

Fonte: Calmatters

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder