Mundo

Unha aplicación móbil para aprender linguas estranxeiras acada os 25 millóns de usuarios

A aplicación móbil estoniana Drops ofrece un innovador método de aprender 39 idiomas estranxeiros. A directiva da empresa informou de que chegou aos 25 millóns de usuarios e usuarias en todo o mundo.

Fonte: Phone Arena

O nome Liam medra en popularidade no mundo

O nome de orixe irlandesa Liam está experimentando unha popularidade enorme en todo o mundo e aspira a se converter no novo Kevin. En países como Alemaña, España, Suecia e Bélxica o nome experimentou un importante crecemento na lista de nomes propios de home de 2019.

Fonte: The Guardian

Un sistema de intelixencia artificial podería axudar a descifrar linguas mortas

O Laboratorio de Informática e Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT CSAIL, polas súas siglas en inglés) desenvolveu un algoritmo baseado en intelixencia artificial que podería axudar a descifrar idiomas xa desaparecidos.

Fonte: MIT News

Unha academia en liña de formación en viños publica contidos en lingua portuguesa

Unha academia de formación do ámbito da viticultura, ViniPortugal, encargada da promoción dos viños portugueses, publicou contidos en lingua portuguesa.

Fonte: Frutas, Legumes e Flores

Un quinto das incorporacións á función pública da República de Irlanda deberá falar gaélico

O Goberno da República de Irlanda aprobará unha lei que garantirá que o 5 % das novas incorporacións á función pública sexa competente en gaélico irlandés.

Fonte: Irish Legal News

O mundo celebra a Semana da Lingua Italiana

Un bo número de embaixadas e consulados italianos de todo o mundo organizan eventos para celebrar a XX edición da Semana da Lingua Italiana que este ano ten como tema "O italiano entre palabras e imaxes: graffiti, ilustracións e banda deseñada".

Fonte: La Tecnica della Scuola

O Instituto Camões renova presidencia

O Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa terá a partir de novembro un novo presidente. O diplomático João Ribeiro de Almeida sucederá a Luís Faro Ramos na presidencia do organismo que vela pola promoción e proxección internacional do portugués.

Fonte: Público

Portugal asina un acordo nos EUA para promover o ensino do portugués

O Instituto Camões e o estado de Utah (EUA) asinaron un acordo para promover e dinamizar o ensino da lingua portuguesa neste territorio estadounidense. O acordo abre tamén a posibilidade de contratar profesorado visitante.

Fonte: Notícias ao Minuto

A canle de televisión en galés S4C amplía as súas emisións fóra do Reino Unido

A canle de televisión pública en lingua galesa S4C asinou un acordo polo que se compromete a ampliar as súas emisións para alén das fronteiras do Reino Unido.

Fonte: Business Live

A Universidade de Lisboa amplía o prazo para matricularse nos cursos gratuítos de linguas eslavas

A Universidade de Lisboa amplía o prazo para estudar linguas eslavas de xeito gratuíto. O alumnado que decida matricularse achegarase por medio destes cursos aos idiomas falados en Rusia, Bulgaria, Polonia, Eslovenia, República Checa e Croacia.

Fonte: Público

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder