Mundo
Unha enquisa revela que a cidadanía quebequesa está a favor de garantir máis protección para a lingua francesa
Unha enquisa realizada por unha empresa na provincia canadense do Quebec revelou que a maior parte da cidadanía quebequesa está a favor de reforzar a protección legal da lingua francesa.
Fonte: Global News
Publican en todas as linguas oficiais da Unión Europea unha guía de protección de menores
A Comisión Europea e a Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea publicaron en todas as linguas oficiais da Unión Europea a guía Menores privados de coidados parentais na UE fóra do Estado membro de orixe.
Fonte: FRA Europa
Un proxecto de lei garante o uso da lingua de signos brasileira no ensino das persoas xordas
O Proxecto de Lei 4990/20 da Cámara de Deputados do Brasil obrigará o sistema público de ensino a empregar a lingua de signos brasileira como primeira lingua de instrución para o alumnado xordo.
Fonte: Money Times
Paraguai aproba o seu primeiro dicionario de guaraní
A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai anunciou que a Academia da Lingua Guaraní aprobou a creación do primeiro dicionario de guaraní, idioma oficial do país xunto ao español.
Fonte: La Vanguardia
O proxecto educativo Galego en Londres cumpre dez anos

No colexio español Vicente Cañada Blanch da capital británica o galego é, xunto co castelán, a única lingua peninsular para a que se imparte docencia. Neste centro naceu en 2010 a iniciativa Galego en Londres da man do profesor Xaime Varela, ao principio como un simple perfil de Facebook para comunicarse co alumnado, pero que co tempo se converteu nun punto de referencia para toda a comunidade galega que vive nesta urbe.
Fonte: Praza Pública
O uso do feminino como xenérico no texto dunha lei alemá levanta a polémica sobre o uso da linguaxe inclusiva
O uso de formas femininas para se referir tanto a mulleres como a homes no borrador dunha lei do Ministerio de Xustiza alemán avivou o debate sobre a necesidade da linguaxe inclusiva. O borrador foi rexeitado polo medo a que poida ser declarado inconstitucional.
Fonte: New York Times
A Biblioteca Nacional de Portugal organiza unha exposición sobre o poeta inglés William Wordsworth
Co fin de celebrar o 250 aniversario do nacemento do poeta William Wordsworth (1770-1850), a Biblioteca Nacional de Portugal acolle unha exposición e congreso que analizarán polo miúdo o legado intelectual e literario do autor inglés.
Fonte: Público
Publican un novo dicionario bilingüe inglés-gaélico irlandés
O presidente da República de Irlanda, Michael D. Higgins, presentou nun acto virtual un novo dicionario bilingüe inglés-gaélico irlandés, unha obra lexicográfica que necesitou 11 anos de traballo.
Fonte: Irish Central
O dicionario en liña de luxemburgués inclúe un glosario sobre a covid-19 en varias linguas
O dicionario en liña de luxemburgués Lod.lu inclúe unha lista de conceptos sobre a covid-19 e a súa tradución a outras linguas entre as que se atopa o portugués.
Fonte: Contacto
Abren en Alemaña dous tribunais comerciais para casos en lingua inglesa
Os novos tribunais comerciais de Stuttgart e Mannheim, na rexión alemá de Baden-Württemberg, permitirán resolver casos e disputas xudiciais en inglés a empresas ou persoas que non dominen o alemán.
Fonte: DW
Boletín
Subscríbase ao boletín