Mundo

Un programa radiofónico sobre diversidade lingüística en Suíza esquece mencionar a lingua romanche

A organización a prol da lingua romanche Lia Rumantscha presentou unha queixa formal a unha canle de radio pública tras ignorar esta o romanche nun programa sobre variedades lingüísticas. O romanche é unhas das catro linguas oficiais do país helvético xunto ao alemán, italiano e francés.

Fonte: Swissinfo

O primeiro ministro de Groenlandia defende que todo o funcionariado fale a lingua vernácula

O primeiro ministro de Groenlandia, Kim Kielsen, defendeu a necesidade de que o funcionariado que traballa neste territorio dependente de Dinamarca teña competencias en groenlandés para poder manter o seu posto de traballo.

Fonte: High North News

A morte de falantes vellos pola pandemia da covid-19 ameaza a supervivencia das linguas indíxenas do Brasil

A alta incidencia da covid-19 nas comunidades indíxenas brasileiras e a morte de falantes vellos poderían levar linguas como o puruborá ao bordo da extinción.

Fonte: National Geographic

Realizan enquisas a persoas novas de Escocia para que dean a súa opinión sobre o futuro do gaélico

A asociación en defensa do gaélico escocés, Bòrd na Gàidhlig, realizará enquisas a persoas novas de Escocia para que dean a súa opinión sobre como incrementar a porcentaxe de uso da lingua e garantir a súa supervivencia.

Fonte: Stornoway Gazette

A Oxford University Press elimina acepcións e definicións sexistas dos seus dicionarios

Unha revisión exhaustiva levada a cabo nos dicionarios da editorial Oxford University Press permitiu eliminar acepcións e exemplos sexistas de multitude de definicións, entre elas a que fai referencia á palabra "muller".

Fonte: The Guardian

O dicionario Collins escolle "lockdown" como a palabra do ano en lingua inglesa

O dicionario de inglés Collins escolleu "lockdown" (confinamento) como a palabra do ano 2020 en lingua inglesa. O termo rexistrou unha espectacular subida no seu uso desde que se iniciou a pandemia da covid-19.

Fonte: BBC

Unha empresa ofrecerá visitas guiadas ás adegas de viño do Porto en lingua de signos

O grupo empresarial Sogevinus ofrece coa ocasión do Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa visitas guiadas ás adegas de viño do Porto en lingua de signos.

Fonte: Sapo Viagens

Milleiros de estudantes comprométense a falar gaélico irlandés durante 24 horas para promover o uso desta lingua

Unha iniciativa do colectivo irlandés Conradh na Gaeilge permitirá que máis de 30 000 estudantes de diferentes niveis educativos falen a lingua vernácula durante 24 horas para todos os aspectos da súa vida diaria.

Fonte: Irish Post

O Goberno de Portugal dálle luz verde á creación de dúas canles de televisión que servirán para a promoción do portugués en África

O Goberno de Portugal deu luz verde a unha proposta do parlamento que pretende crear dúas canles de televisión (RTF África e a canle de Conhecimento) co fin de promover o o uso do portugués no continente africano e mellorar a relación entre Portugal e os países africanos de lingua oficial portuguesa.

Fonet: Observador

A Policía do Norte de Gales recibe eloxios polo seu labor a favor da lingua galesa

O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, gabou o labor da Policía do Norte de Gales á hora de promocionar o galés tanto entre o persoal do corpo como na sociedade.

Fonte: Rhyl Journal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder