Mundo
O ensino do portugués fai 60 anos en Macau

A lingua portuguesa está de aniversario en Macau xa que hai agora 60 anos que se comezou a ensinar na rexión autónoma chinesa. Hoxe a lingua de Camões goza de moi boa saúde ao ser ensinada nun total de 50 institucións macaenses.
Fonte: Observador
España sitúase entre os países europeos onde peor se fala inglés
A clasificación internacional "English Proficiency Index" da empresa Education First revelou que España ocupa actualmente a posición número 34 en dominio do inglés, por detrás do resto de países da Europa occidental.
Fonte: The Local
O escritor escocés Douglas Stuart gaña o prestixioso Premio Booker
O escritor escocés Douglas Stuart gaña o Premio Booker, un dos certames literarios de lingua inglesa máis prestixiosos do mundo, pola súa novela Shuggie Bain.
Fonte: BBC
Portugal é o sétimo país do mundo onde mellor se fala inglés

Segundo a clasificación internacional "English Proficiency Index" da empresa Education First, Portugal figura no presente ano como o sétimo país do mundo onde mellor se fala inglés, só por detrás de Austria, Noruega, Suecia, Finlandia, Dinamarca e os Países Baixos.
Fonte: O Jornal Económico
Unha obra de teatro pon de relevo a lingua de signos portuguesa
Unha obra de teatro da compañía portuense Estrutura visibiliza en Portugal a comunidade de persoas xordas e pon a lingua de signos no lugar máis destacado.
Fonte: Observador
México aproba unha reforma da constitución que velará pola legalidade das linguas indíxenas
Un pleno da Cámara de Deputados de México aprobou unha reforma do artigo segundo da constitución pola que se recoñece que as linguas indíxenas terán o mesmo status de idioma nacional que o español.
Fonte: La Jornada
Un grupo de expertas quere velar pola calidade da tradución ao inglés dos sinais públicos no Xapón
Un grupo de expertas está tentando concienciar as institucións públicas xaponesas sobre a necesidade de non confiar nas plataformas de tradución automática á hora de traducir sinais informativos do xaponés ao inglés. As activistas lingüísticas consideran que as traducións incorrectas poderían ter un impacto negativo no turismo e mesmo pór en risco a poboación estranxeira en caso de terremoto ou outro tipo de emerxencias.
Fonte: The Guardian
Estréase en YouTube un novo curso de iniciación á lingua occitana
Estreouse na plataforma de YouTube un curso de lingua occitana para principiantes impartido polo falante nativo Gabrièu Pelisson. O curso é ofrecido con subtítulos en occitano, francés e inglés.
Fonte: Jornalet
Alumnado de secundaria de Iparralde participa nun reto de promoción do éuscaro
Nove alumnos e alumnas de ensino secundario de Iparralde participan no evento Gaztealdia que consiste en vivir plenamente en éuscaro durante polo menos 8 días.
Fonte: Mediabask
Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa cun incremento do índice de lectura

Un estudo realizado polo Centro de Literatura Islandesa revelou que a cidadanía islandesa le máis agora que hai un ano. Este anuncio foi feito con motivo do Día da Lingua Islandesa que se celebra cada ano na honra do poeta Jónas Hallgrímsson (1807-1845).
Fonte: Iceland Monitor
Boletín
Subscríbase ao boletín