Mundo
Un proxecto de lei pretende introducir a obrigatoriedade do ensino do árabe nas escolas israelís
Un proxecto de lei presentado pola parlamentaria Michal Cotler-Wunsch pretende aprobar a obrigatoriedade de ensinar árabe nas escolas de Israel. Esta medida axudará a cidadanía israelí a estreitar lazos co pobo palestino.
Fonte: Israel Hayom
Unha docente da República Moldova promociona a aprendizaxe da lingua portuguesa en Ucraína
A profesora de orixe moldova, Nadejda Kozlenko, promociona, co apoio das embaixadas de Portugal e o Brasil, a aprendizaxe da lingua portuguesa en Ucraína.
Fonte: Notícias ao Minuto
O presidente de Cimbabue defende a diversidade lingüística do país
O presidente Mnangagwa de Cimbabue fixo un chamamento á súa cidadanía para solicitar, a través da súa conta de Twitter, que se acepte e promocione a diversidade lingüística e cultural do país.
Fonte: Chronicle
Un acordo permitirá fortalecer o idioma guaraní no ensino universitario de Paraguai
A Universidade Nacional de Asunción (UNA) e a Academia da Lingua Guaraní (ALG) asinaron un acordo para potenciar e fortalecer o idioma guaraní e a cultura nacional no ensino universitario.
Fonte: UNA
O Ministerio de Educación do Perú presenta documentos para o ensino unificado da lingua quechua
O Ministerio de Educación do Perú presentou oficialmente o Manual de Escritura e Vocabulario Pedagóxico do quechua central co obxectivo de difundir unha escritura unificada para o ensino desta lingua vernácula.
Fonte: Andina
Taiwán e os EUA estreitan lazos para colaborar no ensino das súas linguas
O Instituto Americano de Taiwán e a Oficina de Representación Económica e Cultural de Taipei nos EUA asinaron un acordo de colaboración para potenciar o ensino do inglés e chinés mandarín nos seus respectivos territorios.
Fonte: The Pie News
A Feira Internacional do Libro de Leipzig terá Portugal como país convidado

Portugal será o país convidado na Feira do Libro de Leipzig de 2021. O obxectivo da participación destacada de Portugal neste evento ten como obxectivo facer chegar, por medio da tradución, máis títulos de autoras e autores de lingua portuguesa en Alemaña.
Fonte: Público
Un ministro ucraíno solicítalle a Google que reincorpore o tártaro á lista de linguas do seu tradutor automático
O ministro da Reintegración dos Territorios Temporalmente Ocupados de Ucraína pediu a Google que incorpore outra vez a lingua tártara de Crimea á lista de idiomas que soporta o tradutor automático Google Translate.
Fonte: 112 UA
Un policía portugués ensina a lingua de signos a 100 axentes en todo Portugal
O axente de policía João Cunha é responsable de introducir a formación en lingua de signos no corpo de policía portugués da PSP (Policía de Seguranza Pública). Grazas a este axente, máis de 100 dos seus membros recibiron formación en lingua de signos desde o ano 2016.
Fonte: Jornal de Notícias
Os recortes a causa da pandemia poderían facer desaparecer traballos especializados relacionados coa lingua galesa
O Comité de Cultura e Lingua Galesa do Parlamento do País de Gales teme que a crise provocada pola covid-19 e os recortes asociados poden facer desaparecer postos de traballo que ofrecen servizos relacionados coa lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
Boletín
Subscríbase ao boletín